domingo, 23 de mayo de 2010

COAS MANS NA MASA

Que ben o pasamos! penúltima excursión do curso e traballamos arreo: amasamos, forneamos e comemos. Estaba riquísimo! non tivemos tempo nin para esperar a que enfriara por máis que avisaron as profes, comémolo ata quente; despois xogamos un pouquiño, collemos o noso boliño e marchamos de volta.
Amasamos

Que pegañosas están as nosas mans!
Dámoslle forma á masa
Qué rico estaba, ata o comemos quente e tiñamos que soplar.

O outro día veu contarnos cousas a outra avoa de Fiona, falounos de que antes había que ir lavar a roupa aos lavadeiros pois non había lavadoras, explicounos como se lavaba e como se limpaban os lavadeiros. Despois explicounos moitos xogos: o tulé, o brilé, as canicas, as chapas... as bonecas de cartón. Graciñas a avoa Margarita e a todos os avós e avoas que nos acompañan.










martes, 18 de mayo de 2010

DE EXCURSIÓN.......EN EXCURSIÓN

Viñemos do Monte de San Pedro e volta a sacar o cú a paseo... Adeus!!!


E de novo o sol, solete nos acompañou! Que ben!!
Nesta ocasión tocou unha fábrica!!! Unha fábrica onde fan......... Mmmmm! que ricas!!

Primeiro vimos uns sacos enormes dos que sacaban as patacas, pero non cheiraba demasiado ben...

Despois tocou o lavado.
Que sucia saía a auga!

A cadea de máquinas continuaba... desta vez o pelado mailo cortado!

Xa temos a pataca preparada!
Agora un baño en auga salgada e...

A freír!!

Por último: envasalas...

e almacenalas.
Xa están listas para levar ás cafeterías ou ós supermecados.
O último paso do proceso xa non volo imos contar... gardámolo nós...

miércoles, 12 de mayo de 2010

E.... NON CHOVEU!!

Pois sí!! por fin non choveu, e puidemos facer a nosa excursión máis desexada. Mirade as nosas caras no autobus, que emoción....!. Facía moito tempo que esperabamos este momento. Os homes da tele veña a dicir que ía chover de novo... pero o sol don Lourenzo desta vez púxose da nosa parte, e non deixou de iluminar o Monte de San Pedro para que nós puidesemos ver todas as prantas e animais que alí viven.
Tanto e tanto percorremos, superando diferentes obstáculos.... que quedamos perdidos no labirinto. Socorroooooooooooooooo!!

Unha vez atopada a saída... estivemos atentos ás explicacións da nosa monitora, Irene, que nos contou o nome dos seres vivos que vimos: chorima, colleja de mar, gamón, mirlo...
E ata unha serpe... sí, sí, como oídes, unha serpe! Mesmo Irene non o podía crer!. Non temos fotos dela porque decidimos que o mellor sería deixala tranquiliña...

Que paseo máis doce!!

Pero o noso abraio multiplicouse cando no estanque, entre os peixes, descubrimos....

Siiiiiiiiiiiiiiiii!!
Unha rá!!
Coma nós!!
Iso foi o mellor... pero aínda quedaba un paseíño ó sol xogando ó escondite inglés e...

Os columpios! Vaia columpios!
Escalada

Salto de cogumelos

E ata deportes de risco!!

Que mareooooooo!

domingo, 9 de mayo de 2010

BEBÉS, AVÓS...

Ola a todos de novo. O gañador é: LIBROLANDIA!!.
Non era o preferido dos e das profes, pero si o noso, e como somos maioría gañamos.

Que ben o estamos pasando ultimamente; veñen a vernos bebés e, sobretodo, avós. Que emoción! todos estamos esperando que lle toque o turno aos nosos. O problema xorde cando están moi lonxe e non poden vir, entón enfadámonos moito e non o entendemos; por iso, os que si poden temos moitíiiiiiiiiiiisimas gañas de que o fagan: poden facer calquera cousa, fixádevos todo o que aprendemos cos avós e avoas.

A avoa de Miguel contounos moitas cousas de cando era nova, das súas viaxes por España e de cando marchou para América; falounos da súa viaxe en barco e de como era a vida aquí e alí , e tamén nos trouxo unhas fotos moi bonitas daqueles tempos. Como despedida trouxonos filloas e croquetas feitas por ela que non nos chegaron a nada do ricas que estaban.
Coa avoa de David, aparte de comer un biscoito riquísimo, aprendemos o xogo do galo Kirico e o de Río Verde.




Os avós de Alberto contáronnos moitas cousas de cando eran novos, a avoa ensinounos a facer un biscoito de iogur que tamén estaba boísimo e o avó leunos un conto. A Alberto custoulle deixalos marchar.



Como estamos a traballar xuntamente cos elefantes, tamén estivemos cos avós de Joel, de Yago de Ryan e de Fiona, uns contáronnos moitos contos, con outros bailamos e aprendemos xogos e cos de Ryan aprendemos moitas cousas de Taiwan.
GRACIÑAS A TODOS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS. AH! e aínda esperamos máis, xa vos seguiremos contando.

Por outro lado, como xa sabedes por todo o que contamos na casa, tamén estamos co tema dos bebés. Apaixoante. O noso libro de cabeceira: Onde vas Guille?, todos os días queremos lelo, casi o sabemos xa de memoria. Cando nos veu ver Alicia, a irmá de Fran, coa súa mamá xa tiñamos todo tan claro que a maioría das preguntas que fixemos xas sabiamos nós previamente. Pero que bonita e Alicia! e que boíña! tivémola no colo, acariñámola, sobámola e non protestou nadiña. Cando marchou case todos queriamos unha irmá pequeniña para a nosa casa. Prometeunos que outro día vai volver a vernos. Mentras tanto imos seguir traballando para saber moitas máis cousas dos bebés e, por suposto, dos avós tamén.


.