domingo, 9 de mayo de 2010

BEBÉS, AVÓS...

Ola a todos de novo. O gañador é: LIBROLANDIA!!.
Non era o preferido dos e das profes, pero si o noso, e como somos maioría gañamos.

Que ben o estamos pasando ultimamente; veñen a vernos bebés e, sobretodo, avós. Que emoción! todos estamos esperando que lle toque o turno aos nosos. O problema xorde cando están moi lonxe e non poden vir, entón enfadámonos moito e non o entendemos; por iso, os que si poden temos moitíiiiiiiiiiiisimas gañas de que o fagan: poden facer calquera cousa, fixádevos todo o que aprendemos cos avós e avoas.

A avoa de Miguel contounos moitas cousas de cando era nova, das súas viaxes por España e de cando marchou para América; falounos da súa viaxe en barco e de como era a vida aquí e alí , e tamén nos trouxo unhas fotos moi bonitas daqueles tempos. Como despedida trouxonos filloas e croquetas feitas por ela que non nos chegaron a nada do ricas que estaban.
Coa avoa de David, aparte de comer un biscoito riquísimo, aprendemos o xogo do galo Kirico e o de Río Verde.




Os avós de Alberto contáronnos moitas cousas de cando eran novos, a avoa ensinounos a facer un biscoito de iogur que tamén estaba boísimo e o avó leunos un conto. A Alberto custoulle deixalos marchar.



Como estamos a traballar xuntamente cos elefantes, tamén estivemos cos avós de Joel, de Yago de Ryan e de Fiona, uns contáronnos moitos contos, con outros bailamos e aprendemos xogos e cos de Ryan aprendemos moitas cousas de Taiwan.
GRACIÑAS A TODOS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS. AH! e aínda esperamos máis, xa vos seguiremos contando.

Por outro lado, como xa sabedes por todo o que contamos na casa, tamén estamos co tema dos bebés. Apaixoante. O noso libro de cabeceira: Onde vas Guille?, todos os días queremos lelo, casi o sabemos xa de memoria. Cando nos veu ver Alicia, a irmá de Fran, coa súa mamá xa tiñamos todo tan claro que a maioría das preguntas que fixemos xas sabiamos nós previamente. Pero que bonita e Alicia! e que boíña! tivémola no colo, acariñámola, sobámola e non protestou nadiña. Cando marchou case todos queriamos unha irmá pequeniña para a nosa casa. Prometeunos que outro día vai volver a vernos. Mentras tanto imos seguir traballando para saber moitas máis cousas dos bebés e, por suposto, dos avós tamén.


.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Qué idea tan brillante, abuelos y bebés!. Mis felicitaciones por esta iniciativa.