lunes, 6 de diciembre de 2010

A VOLTAS COA PREHISTORIA

Seguimos dándolle voltas á prehistoria e así o papá de Ana ensinounos a facer pedras para as casiñas e os muros dos castros, e mesmo os dolmens.


O director do museo de Cambre veu tamén ao noso cole a explicarnos moitíiiisimas cousas da prehistoria e tamén respondeu a todas as preguntas que lle fixemos. Gustounos moito, pero o máis interesante para a maioría de nós foron os petroglifos, por iso logo fixemos os nosos en barro. Quedáronnos moi bonitos.







Temos que contarvos un segredo que ata o de agora non sabía ninguén: O rato Pérez ven moitas veces a vernos e cada vez deixanos un conto, cada cal máis bonito, e unha carta. Como sabe que nos encanta o tema da prehistoria porque ve os nosos debuxos, os libros, as armas e todo o que temos, ahí atrás prometeunos un regalo de parte dos seus filliños e mirade que nos trouxo: UN MAMUT!! Agora nós temos que forralo ben de papel e pintalo, xa veredes que chulo nos vai quedar.



Outra cousa que queremos contarvos é que estamos a traballar os sentidos co libro do protagonista, e a verdade é que os papás danlle moitas voltas á cabeza para mandarnos á clase e que as vexan todos os compis, fixádevos que marabilla.



jueves, 11 de noviembre de 2010

XA SOMOS OS MAIORES!!

Que vergoña! levamos tanto tempo sen contarvos nada que non sabemos nin por onde empezar; ben, primeiro disculparnos e agora empezar a contar.

XA SOMOS OS MAIORES, temos que ser responsables, axudar aos máis pequenos, traballar moito...a profe ten que recordárnolo continuamente porque se nos olvida, pero pouco a pouco ímolo conseguindo. Xa fixemos tantas cousas que non sabemos por onde empezar, imos ver.
Comezamos o proxecto da prehistoria: estudiamos o paleolitico, comida, vestidos, arte rupestre, estampamos as nosas mans, pintamos con sangue, barro, flores, follas...e fixemos unha cova coma a de Altamira que estamos agora a piques de rematar.

Pero onde apareceron os primeiros restos humanos, a nosa avoa Lucy?, en Etiopia claro, en Africa, pero cando oímos esta palabra máxica inmediatamente asociamos Waka Waka, cantamos e bailamos, é que somos moi divertido!. E como este ano temos a sorte de ter na clase un ordenador e un canón para proxectar, mirade que ven o pasamos:

Por suposto tamén buscamos información nos libros

Estampamos as mans.


Preparamos o teito da cova.

Pintamos con barro e "sangue".


Trouxemos armas fabricadas por nós coa axuda da nosa familia.
Estamos a piques de rematar a cova prehistórica.

E o papá de Ana fíxonos un dolmen tan chulo que quixemos que viñera a enseñarnos como se facía e tróuxonos dúas pallozas. Con el fixemos pedras para facer un muro, só nos falta pintalas. Estivemos tan calados que a profe non o podía crer.
En fin que estamos feitos uns verdadeiros prehisóricos.
Outra actividade que nos gustou moitísimo foi a da vendima: levamos uvas, clasificámolas por cores, quitámoslles os rabiños e despois pisámolas nunhas tinas. Sacamos moito zume! despois bebémolo, estaba riquísimo.



Tamén fomos xa de excursión, fomos ver un teatro de títeres que nos gustou moito, mirade que emocionados estabamos esperando para entrar. O único problema foi o día de choiva que nos tocou, pero non pasou nada, corrimos moito e non nos mollamos.


Ah! e como estamos a traballar no libro do protagonista cos sentidos estamos traballando tamén neste tema. Inés foi a primeira e trouxo unha táboa moi chula para tocar. Despois veu a súa mamá a contarnos o conto de Garavanciño. Pasámolo moi ben.




A ver se temos sorte e veñen todas as mamás ou papás a vernos cando nos toque ser protagonistas, emociónamos moito cando ven alguén a estar connosco.
Pronto volveremos para contarvos máis cousas.



miércoles, 30 de junio de 2010

GRAZAS, FAMILIAS !

Pola vosa entrega,
pola vosa ilusión,
pola vosa dedicación,
polo voso esforzo,
polas vosas ideas,
polas vosas gañas,
polo voso cariño,
polos vosos agasallos,
polas vosas sorpresas,
polas vosas historias,
polas vosas risas,
polo voso amor,
pola vosa paciencia,
polo voso traballo,
pola vosa colaboración.
Grazas por compartir con nós esta aventura!

jueves, 17 de junio de 2010

CERRAMOS O CURSO COS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS!!

Neste último trimestre levamos a cabo un proxecto sobre os deportes co fin de buscar en nós hábitos saudables, e valores como a superación, o esforzo e o traballo en equipo.
E descubrimos que no xogo, como na vida, unhas veces se gaña e outras se perde, pero non por iso hai que deixar de botar gañas, ilusión e alegría.
Preparados....

Listos...

Pum!!!
Velaí a carreira feminina!
Pum!!!
É o turno dos homes!

Pum!!!
Toca a carreira mixta!

E todo esforzo ten a súa recompensa...


Oe..., oe, oe, oe!!


Ademáis participamos nun concurso de debuxo olímpico a nivel autonómico organizado pola Asociación de Estudios Olímpicos.

E dous de nós foron os gañadores!!

Alejandro Miramontes Mayer obtivo a medalla de prata.



E Cristina Blanco Busto a de bronce!.


Estamos feitos uns auténticos deportistas!

martes, 8 de junio de 2010

Un día perdidos na natureza...






Así foi... fomos cheos de nervios e de ilusión. E unha vez alí non paramos de abraiarnos con cada animal que encontrabamos, con cada historia que nos contaban os monitores e con cada actividade que realizabamos. Foi toda unha experiencia!

Un descansiño para coller folgos!!

Pasámolo en grande!
Disfrutamos todo o día ó aire libre!
Pero o mellor de todo foi poder compartir esos intres de ilusión e alegría cos nosos amigos. As miradas, os segredos, a complicidade, a axuda, o apoio, o cariño...
Poder pasar todo o día xuntos xogando, rindo, falando... foi o máis especial do día.
E despois de tantas emocións....