lunes, 29 de marzo de 2010

SEGUIMOS A VOLTAS COAS FAMILIAS

E neste trimestre elaboramos coa súa axuda un recordo do noso paso por Infantil.


Tamén nos axudaron co noso proxecto sobor as culturas do mundo, aportando información, ilusión e entusiasmo!

Ademáis aprendimos a crear xoguetes coas nosas mans, desta volta tocou un monicreque.

Velaí a nosa creación! Encantounos!!

E ata xogamos a ser espeleólogos!

E todo bañado coa maxia, a ilusión e a ledicia que nos aportaron as familias.


No entroido tocou poñerse na pel das nosas fantasías preferidas... e para iso: caretas ó gusto de cada un!

E para relaxarse.... nada mellor que disfrutar dun conto! Vivimos emoción, tensión, dúbida e moita ledicia!

Aprendimos tamén que os contos non so nos chegan por medio das palabras, existen moitas formas de expresión e comunicación: nesta ocasión descubrimos a lingua de signos!!
A verdade é que os xoves se convertiron nun día moi especial para nós, cada semana esperamos con ilusión descubrir a familia que nos agasallará coa súa presenza, e a sorpresa do que nos contará.
Porque coa familia se aprende, coa familia se descubre, coa familia se sinte e coa familia se vive.

miércoles, 24 de marzo de 2010

IMOS DE EXCURSIÓN!

Aquí nos tedes... de paseíño polo parque de Santa Margarita! pero cheos de ilusión, intriga e nerviosismo...

O primeiro que chamou a atención dos nosos ollos foron os pitiños, e puidemos ver o nacemento dun en pleno directo!!


No primeiro andar puidemos manipular e investigar nós mesmos como se foramos auténticos científicos.


Xogamos e descubrimos, ó mesmo tempo que nos divertimos.


Ata conseguimos producir unhas mareas vivas!

Que emocioooooooooooooooooón!!


Cambiamos de pranta e descubrimos as viaxes de Darwin!

E todo tipo de especies!

Aquí estamos dalle que dalle!

E no terceiro andar tocou descubrir o significado das palabras que más saen nos xornais: aquí estamos descubrindo a clonación!!

E como postre: O Planetario!
Apagan as luces e...... comeza unha treboada....
Foi o que máis nos gustou!!

domingo, 21 de marzo de 2010

POR FIN OS PLANETAS!!

Despois de tanto tempo estudiando os planetas e facer o noso propio sistema solar, por fin esta semana poidemos velo en directo no Planetario da Coruña. Canto nos gustou! O mércores repasamos todo o que aprendimos o ano pasado ( recordabamos un montón de cousas), e o xoves marchamos de excursión, que emoción!!
PORTÁMONOS DE MARAVILLA!!! Debe ser que nos gusta tanto aprender e facer experimentos que non dabamos visto nin feito. A primeira emoción foi ver os pitiños pequenos na incubadora.


Despois subimos ó planetario a ver a película do vampiro Don Siro e a súa viaxe polas estrelas, sacamos moitas fotos pero non saíu ningunha, que mágoa!

Cando saímos vimos a planta onde está Charles Darwin con todos os bichiños que estudiou e o globo terráqueo coas súas viaxes, a colección de gormitis e de dinos....

Na seguinte planta fixemos experimentos: o arco da vella, as pompas de xabrón, as ondas, a tormenta de area... todos nos gustaron un montón, custounos traballo marchar.



Por último merendamos e xogamos un pouquiño no parque. Foi un día completo.

Pero non todo foi excursión, tamén fixemos cousas interesantes na semana: estivemos contándolles ós de 5 anos todo o que sabiamos de Exipto, e eles contáronnos a nós o que sabían doutras culturas. Foi xenial, mesmo pensamos que igual vos gustaba a vós que vos explicaramos tamén o que sabemos, que vos parece? non temos fotos porque estabamos diante de todo explicando.

Estamos estudiando os aparellos do corpo humano, gústavos o aparello respiratorio que fixemos? Temos que cambiarlle os globos dos pulmóns que non quedan ben os que puxemos.

Escribimos noticias na semana da prensa., xa vedes que concentrados estamos. Temos que facelo máis veces, aínda que nos da moito traballo.

E falando de noticias, atopamos na prensa unha de Exipto: apareceu a cabeza dunha escultura de Amenothep (O pai do noso heroe Tutankamón) de 2 metros e medio, tentamos debuxala no chan pero ía moito frío e só conseguimos plasmar a medida. Outra vez será.


E nada máis por hoxe. Ata outra




jueves, 4 de marzo de 2010

A VOLTAS CON EXIPTO

E seguimos con Exipto. Tentamos abandoar o tema, pero os golfiños non están dispostos. O último é un conto inventado por todos, coa inestimable axuda das familias, ambientado en Exipto e no que os personaxes elixidos pertencen a esta antiquísima cultura; a verdade é que está quedando precioso, graciñas a todos pola vosa colaboración. Sabemos xa moitísimas cousas: que o rei Tutmosis foi o descubridor da esfinxe, que a raíña Cleopatra morreu pola mordida dunha cobra, que Tutankamón é o faraón neno... e tantas outras cousas, ata sabemos facer momias e papiros!


Consultamos moitos libros e cando atopamos algo interesante marcámolo mentras a profe ou algún dos nosos compañeiros nos sacan fotos, despois explicámosllo ós outros compañeiros.


Pintamos deuses, pirámides, e imos á pantalla dixital a consultar internet e a traballar: localizamos nun mapa mundi España e Exipto e logo fixemos unha viaxe virtual en barco e en avión, trazamos a ruta que seguiríamos ata chegar alí e logo tivemos unha pequena discusión, a profe dicía que non se podía ir en coche e nós dixemos que sí, Adrián e Alejandro dicían que só había que ir polos cadriños de cores (países) e demostrárono, e a profe disculpouses e dixo que tiñan razón, levounos moito tempo pero aí está o resultado




Agora só nos falta darlle forma a todo o que sabemos para que nos quede nun libro gardado.
Pero por suposto seguimos traballando noutros temas e outro que nos apasiona é o corpo humano; nunhas radiografías descubrimos todos os osos do corpo e ata o corazón e os pulmóns que a profe non vía.