jueves, 26 de febrero de 2009

ENTROIDO VACUNO


MUUUUUUUUUUUUUU! Aquí estamos de novo as rás do Graxal, pero nesta ocasión cambiamos de animal. Somos terneiras suizas recén chegadas a Galicia para convertirnos en terneiras galegas. Qué vos parece?
O tema elexido este ano para o entroido foi a alimentación; e que mellor alimentación que un bo filete de carne! Así estamos de enérxicos para cantar, bailar, xogar e troulear.

Pero que guapos que estamos!
Todo isto non podería facerse realidade de non contar co voso apoio e ca vosa participación e axuda.


Mil graciñas!!
Un bico a todas as familias que axudaron para que puidesemos disfrutar, e ás que participaron ese día da ledicia e da festa do Entroido.


jueves, 19 de febrero de 2009

CHEGOU O ENTROIDO!

Levamos moitos días sen escribir, porque con todos os preparativos do entroido case non tivemos tempo para nada. Como xa sabedes dende o cole estamos a potenciar a alimentación saudable, por iso en educación infantil e 1º ciclo de primaria, imos ir disfrazados de alimentos; nós estivemos falando na asamblea e chegamos á conclusión de que o alimento primordial nos nenos pequenos é o leite, por iso o noso disfraz é de cartón de leite. Temos que agradecer profundamente ás mamás que viñeron axudar ó cole a elaborar os disfraces e a todas as familias que dende a casa trouxeron todo preparado, e sobre todo a Sonia que estivo toda unha mañá pegando letras e debuxos. Moitas grazas a todos.

Por certo, mañá é a festa e encantaríanos que poiderades vir a darnos ánimos porque somos moi pequeniños e no pavillón con tanta xente asustámonos un pouco, pero ímolo pasar xenial.

Estes días traballamos moito coa prensa, vimos noticias moi interesantes e cada un de nós recortou a que máis lle interesou, a Inés chamoulle a atención unha foto dos políticos, falamos do que era, do presidente do goberno e de que dentro de pouco vai a haber eleccións e quizáis fora por iso, cando tiveron xogo libre Hugo foi á cociña e nunha cazola "cociñou a política do goberno" batendo con moita forza. Rímonos moito co conto.





martes, 3 de febrero de 2009

PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz co desexo de que as nosas cancións e os nosos poemas se transformen en realidade ó longo de todos os días do ano.




A poesía que eliximos as rás para poñer o noso grao de area nesta ilusión foi a seguinte:


Se alguén busca a Paz, eu dígolle:

A Paz non está na noite, nin no sono

A Paz non está nos lagos, nin nos bosques

A Paz non está nas montañas, nin nos mares

Nin na multitude, nin no deserto

Pola simple razón de que a Paz non existe:

Hai que creala dentro.





OUTRA DE GOLFIÑOS

Primeiro de todo a gran noticia desta semana na aula dos golfiños: POR FIN NACEU BREOGÁN!!. Diego contounos xa todo o que se refire ao seu novo irmán: chora, é pequeniño e cando veña coa súa mamá para a casa enseguida o traerá ao cole. Esperamos impacientes.

E seguimos coas outras novas destes días; o máis preocupante, o vento. Alex di que tirou tellados, a Hugo o que máis lle impactou foi que tirou semáforos, Adrián pensa que o peor foron todas as árbores que arrincou, pero todos opinaron que o vento, cando é forte, é moi malo e asusta moito. O que máis nos preocupou foi que rompeu o tellado do cole e do pavillón; iso foi o malo, porque o bo do conto é, según Lara que temos "unha piscina " no cole ( ese día chovía tanto que se facían charcos no chan) e, sobre todo que viñeron os de protección civil a arranxalo e para iso trouxeron o camión dos bombeiros. Foi moi emocionante ver como subían e baixaban coa grúa aos señores que poñían o tellado novo.




E xa para rematar a semana a gran festa da semana: o día da PAZ. Estabamos moi emocionados porque había que cantar e bailar. Prácticamente todos sabíamos o estribillo de Rosario " no dudaría", que acompañamos cos pompóns brancos, pero tamén cantamos moi ben a nosa canción dos peques do cole. Graciñas a todos por axudarnos a aprendela.