miércoles, 31 de diciembre de 2008

Feliz aninovo!!






Que pasedes unha boa noite
en familia con risas, ledicia e troula.
Moito coidadiño coas uvas e
non vos atragantedes!


Atención, atención!

Que chega un novo ano!

Estades todos preparados?

Os cativiños de catro anos

desexamosvos que o 2009

veña ben cargadiño de ilusión,

ledicia, felicidade e paz.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Mil saudiños a todos os coñecedores dos leóns e das rás!!


Xa remata un trimestre cheo de emocións, experiencias, sentimentos... Ó longo dos días coñecímonos, compartimos, observamos, experimentamos, sentimos, rimos e choramos. En suma, un trimestre cheo de nós!. Agora xa temos 4 anos, e iso nótase! Estamos perfectamente adaptados ó cole, entramos cheos de ilusión, con gañas de contar e de escoitar, de ver e de sentir. E aquí todos xuntos descubrimos contos, sentimos cancións, expresámonos a través das cores, aprendemos mediante o diálogo, vivenciamos o noso corpo en movemento...

Ademáis fixemos excursións, como a do muíño ou a do teatro. E hoxe vimos no cole unha solta de aves: unha avelaiona e un ratonero común. Despois de ser tratadas das súas doenzas no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros, o noso cole foi o escenario elexido para que estas aves foran devoltas á natureza. Así poidemos observalas, tocalas e.... ó fin velas voar en liberdade!

Mil biquiños e unha morea de desexos de felicidade nestas festas!! Disfrutade das vacacións, portádevos ben, recibide o novo ano con ledicia e ilusión e vémonos de novo á volta!
Mil apertiñas fortes coma leóns e outros tantos biquiños saltaríns como rás!

martes, 16 de diciembre de 2008

Hola outra vez, somos de novo os golfiños e queremosvos contar que esta semana foi moi emocionante: o venres veu Papá Noel ao cole!. Traballamos moito toda a semana: rematamos os caderniños de mates, fixemos fichas, pintamos unha postal coas pegadas das nosas mans para felicitarlles o Nadal ás nosas familias e algo moi emocionante: o mércores, os maiores de 6º viñeron a axudarnos a escribir a carta de Papá Noel. Como aínda non sabemos ler nin escribir, estabamos algo preocupados, menos mal que os maiores non botaron unha man e escribimos unhas cartas preciosas. Por fin chegou o día, o venres veu Papá Noel; era tanta a emoción que algúns nenos choraron ao entrar na clase e a maioría non durmimos ven de noite, pero cando ao fin o vimos remataron os problemas: explicámoslle as nosas cartas, contámoslle cousas, dounos caramelos e despedímonos ata a noite do 24 de Nadal.
Esta semana estamos moi nerviosos, achéganse as vacacións e a verdade é que xa estamos algo cansos de tanto traballar, por iso adícamonos a contar moitos contos e cantar cancións coma a de Paco Papán que nos fai moita gracia.
Bueno amigos, como é probable que non voltemos a contar nada ata o ano que vén, querémosvos desexar unhas felices festas. Biquiños a todos

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Hola, somos os golfiños do Graxal e querémosvos contar que hoxe rematamos o proxecto do millo.
Esfollamos unhas mazarocas de millo que trouxo a profe Ana, debullamos unhas poucas con moito traballo e sacamos unha caixa de grans de millo. Comparamos o ferrado e o medio ferrado e tamén o ferrado de millo e o de trigo. Estudiamos qué é, para qué serve, cómo ses transforma e en qué se convirte.
Fomos ó muiño de Peiraio e a señora Manola ensinounos cómo se moe e se transforma en fariña.
Comemos pombiñas feitas por nós,e vermiños (Que cousas tan ricas se fan co millo!
E hoxe rematamos facendo coas xirafas pan de broa coa fariña que trouxemos do muiño,engadimos sal e levadura, amasamos e ao forno. Arrecendía en todo o cole! non deixamos nin unha miga.