lunes, 23 de noviembre de 2009

AS RÁS EN CLASE DE PSICOMOTRICIDADE

Tódolos luns a segunda hora imos ó pavillón. Alí facemos moitas actividades e xogos como pode ser o dos equilibristas, o dos pitiños, distintos tipos de pilla, a voltereta, os aros, circuítos de psicomotricidade... e esta semana en concreto comezamos o lanzamento de disco. A verdade é que á maioría de nós non nos damos moita maña pero pouquiño a pouquiño e cun pouco de entrenamento melloraremos.
Ahí van dúas fotos....

... e agora uns vídeos amosando as nosas destrezas co disco:











UNHA SEMANA MÁIS

E seguimos co noso esqueleto Osiños, que xa case parece a mascota da clase. Todos os días saudámolo, xogamos con el, mirámoslle as partes e sabemos xa moitas cousas:

Que ten "celebro" para pensar, que o corazón late e manda sangue para todo o corpo, que os " destestinos" ( non somos capaces de recordar a palabra exacta) son os que gardan os alimentos que nos valen para medrar e os que non valen saen para fóra ,que as veas levan o sangue a todo o corpo, que os pulmóns serven para respirar, que os pés serven para camiñar e as mans para coller... e moitas máis cousas, mesmo escoitamos como late o corazón poñendo os dedos no noso pescozo. Hugo preocupouse moito porque como non o sentía pensou que non tiña corazón, finalmente escoitouno no antebrazo e quedou tranquilo.


Os nenos maiores de 2º viñeron á nosa clase a coñecernos e nós tamén fomos de visita á clase deles. A partir de agora van ser os nosos titores e vannos axudar nalgúns traballos, vannos contar contos e moitas máis cousas. Decidimos que a nosa clase é máis bonita ca deles porque temos moitos contos, libros de esqueletos e xogos, e eles teñen pouquiños. Tanto a nós coma a eles encantounos a experiencia, dentro de pouco repetirémola. Mirade que ben o pasamos.




A outra semana cambiamos a clase, xa non temos sitio fixo, pero temos moitos xogos que antes non había, o que pasa é que aínda non sabemos organizarnos ben e queremos todos os xogos xuntos, eso non pode ser, así que temos que establecer turnos e nesas estamos. Gústanos moito o bingo das letras e o dos números, tamén nos gusta xogar ás cartas e ó parchís e facer sumas cos dados grandes, e por suposto xogar coa caixa de luz e ver os efectos dos papeis e das pedras de cores. Gústannos tantas cousas!







Faltan 30 días para Papá Noel!. Xa queda menos.

viernes, 20 de noviembre de 2009

AS RÁS INVADEN A DOMUS!!!

Ola de novo!! Aquí estamos unha vez máis para contarvos unha das nosas grandes aventuras...
A semana pasada subimos a bordo dun autobus e decidimos dirixirnos á Casa do Home. A verdade é que levamos todo o trimestre dándolle voltas ó corpo humano: o craneo por un lado, o fígado por outro, o corazón aquí, o cerebro alá... E claro... que mellor sitio para darlle forma ás nosas ideas!
E o mellor, o mellor de todo é que vimos un corazón de verdade! Era dun porco que xa morrera, polo que xa non lle facía falta. E nel diferenciamos as distintas habitacións: aurículas e ventrículos, e as portas que comunican unhas con outras: as válvulas. Aprendimos moitísimo!

Ademáis descubrimos as arterias e as veas, e comprobamos como entra e sae o sangue do corazón.
Alucinante!!


E ata poidemos tocalo coas nosas mans!!

Pero non queremos despedirnos sen contarvos outra cousa que nos gustou moito: A película en tres dimensións! Que medo pasamos! Como berrabamos! Parecía que os monstruos mariños ían saír da pantalla e comernos o nariz!
O noso corazón latía moi rápido: pum-pum, pum-pum, pum-pum.....
mua-mua!!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

As clases de psico!!

A clase dos elefantes todos os mércores antes da merenda imos o pavillón, polo tanto temos que vir vestidos ó cole co chandal e cos tenis e alí facemos moitas actividades. Xogamos a xogos populares, utilizamos pelotas de distintos tamaños, aros, picas, colchonetas e tamén facemos distintos circuitos de psicomotricidade como fixemos esta semana,mostra delo son as seguintes fotografías:






Primeiro tíñamos que pasar polo túnel e despois...



pasar enriba dos obstáculos que atopabamos polo noso camiño
























Uns íamos moi a modiño e outros pasabamos os obtáculos tan rápido que saíron as fotos movidas!!



lunes, 16 de noviembre de 2009

A aula dos elefantes

Neste novo curso 2009/2010, empezamos nunha nova aula e tamén imos estar nun novo cole.

Nesta andadura os elefantes temos clase e profe novas, e para que saibades o que facemos o longo da xornada, vou explicar un pouco o que facemos.Empezamos cas rutinas, poñemos o día , o encargado, pasamos lista, apuntamos os nenos que están no cole, e quen quedou na casa, tamén cantamos a canción dos días da seman, das estacións, porque somos moi cantarines.

E para que vexades todo millor unhas fotos.


Tamén xogamos e traballamos un pouquichiño como podedes ver.
Bueno polo de agora é todo xa vos irei contando as novas que temos e as festas, saídas e demais cousas que fixemos e facemos.

IMOS DE EXCURSIÓN

Ola, cómo estamos?, outra semana máis queremos contarvos as cousiñas máis interesantes que pasan na nosa aula, e isto foi o que decidimos contar hoxe:
Primeiro e máis importante: FOMOS Á DOMUS!! e vimos moitas cousas relacionadas co noso corpo que nos gustaron moitíiiiisimo, por exemplo o esqueleto azul que está sempre pensando
Montamos nunha bici para ver por detrás como se movían os osiños, que susto pensabamos que era o noso esqueleto, pero todos quixemos montar.

Entramos nun corazón xigante e tamén nos daba algo de respecto oír os latexos e velo por dentro pero prestamos moita atención. Tamén estivemos xogando cunha máquina que semellaba un corazón e bombeamos o sangue dun depósito para outro, cando nós saímos de alí un dos depósitos aumentara polo menos 5 cm e o outro diminuira. Así funciona o noso corazón.
Tamén vimos cerebros e comparamos os seus tamaños: vaca, cabalo, rato... pero a Pablo o que máis lle gustou foi o humano.


Tocamos a barriga dunha mamá embarazada e sentimos as patadiñas do bebé ( era de mentira, pero quedamos moi convencidos), vimos unha peli de como nacían os nenos e logo fotos do crecemento dos bebés na barriga, ao principio parecen peixes!, pero despois xa se van parecendo máis a nós.


Saudamos ó señor máis grande do mundo, corrimos pola cinta, ulimos ovos podridos e pasta dos dentes... e moitas cousas máis.
Pero o que máis nos impreionou foi a peli de medo que vimos coas gafas. Fran di que era de dinosaurios "deprenadores", pero non pasou nada, os que tiñamos medo quitamos as gafas e asunto arreglado.
De volta ao cole traballamos coas fotos e escribimos o que nos pareceu máis importante. Miguel contounos que "mañá" ( imaxinamos que foi onte), foi á Casa dos Peixes e á Domus con papá e Martín porque el quixo ensinarlles todo o que vira.

Cambiando xa de actividade, plantamos landras: botamos terra e auga e agora toca esperar. Alex esperou 5 minutos e díxolle á profe que aínda non vía nacer nada. Hai que esperar un pouco.
AH!! Faltan 38 días para Papá Noel.



miércoles, 11 de noviembre de 2009

NOVAS DAS RÁS

Ola a todos!!! Xa estamos de volta, ca mesma ilusión, ca mesma ledicia, cas mesmas gañas de falar, de contar, de aprender, de descubrir, de sentir, de experimentar...., pero.... non todo é igual, porque agora xa somos máis grandes. Mirádenos ben, que guapiños somos!!


Neste curso xa celebramos dúas festas tradicionais propias do outono: O Samaín e O Magosto. Aquí estamos pintando e recortando os morcegos para facer as nosas capas de medo.

Estas son as cabazas que decoramos na casa coas nosas familias. Canto traballamos! Pero que bonita a exposición , e que orixinais!

Presentámosvos a Panchito, o noso novo compañeiro de clase. Xa coñecemos de que esta feito e como se chaman todas as súas partes. Na foto Alejandro está explicando cales son os ósos que él rompeu. Ademáis Panchito serviunos de amigo especial para celebrar o Samaín.

Pois aquí nos tedes, xa preparados para ir por todo o cole mentendo medo. Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!

Despois do Samaín tocou o turno do Magosto. Na festa pasámolo moi, pero que moi ben, sobre todo no pabillón. Aquí estamos todos colocados para empezar a xogar a:
Un, dous, tres, zapatiño inglés!
Pero a verdade é que o máis divertido de todo para nós, foi poder xogar co paracaídas. Disfrutamos moito e non paramos de rir.

Con tanto movemento só faltaba comer unhas castañas quentiñas e marchar para casa a descansar. Moitos biquiños e deica a próxima!