miércoles, 12 de mayo de 2010

E.... NON CHOVEU!!

Pois sí!! por fin non choveu, e puidemos facer a nosa excursión máis desexada. Mirade as nosas caras no autobus, que emoción....!. Facía moito tempo que esperabamos este momento. Os homes da tele veña a dicir que ía chover de novo... pero o sol don Lourenzo desta vez púxose da nosa parte, e non deixou de iluminar o Monte de San Pedro para que nós puidesemos ver todas as prantas e animais que alí viven.
Tanto e tanto percorremos, superando diferentes obstáculos.... que quedamos perdidos no labirinto. Socorroooooooooooooooo!!

Unha vez atopada a saída... estivemos atentos ás explicacións da nosa monitora, Irene, que nos contou o nome dos seres vivos que vimos: chorima, colleja de mar, gamón, mirlo...
E ata unha serpe... sí, sí, como oídes, unha serpe! Mesmo Irene non o podía crer!. Non temos fotos dela porque decidimos que o mellor sería deixala tranquiliña...

Que paseo máis doce!!

Pero o noso abraio multiplicouse cando no estanque, entre os peixes, descubrimos....

Siiiiiiiiiiiiiiiii!!
Unha rá!!
Coma nós!!
Iso foi o mellor... pero aínda quedaba un paseíño ó sol xogando ó escondite inglés e...

Os columpios! Vaia columpios!
Escalada

Salto de cogumelos

E ata deportes de risco!!

Que mareooooooo!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Quen volvera a ser pequeno! Unha excursión fermosísima.