Amasamos
O outro día veu contarnos cousas a outra avoa de Fiona, falounos de que antes había que ir lavar a roupa aos lavadeiros pois non había lavadoras, explicounos como se lavaba e como se limpaban os lavadeiros. Despois explicounos moitos xogos: o tulé, o brilé, as canicas, as chapas... as bonecas de cartón. Graciñas a avoa Margarita e a todos os avós e avoas que nos acompañan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario