martes, 19 de enero de 2010

ANO NOVO...COLE NOVO: OPINAMOS

De volta xa, retomamos os traballos e as rutinas, pero moi importante tamén é recabar información sobre as nosas ideas, como por exemplo a conversa seguinte.

Profe: Que cole nos gusta máis, o novo ou o vello?

Todos: O novo.

Profe: Queremos voltar ao vello?

Todos: Non.

Profe:Por que? Temos que opinar porqué nos gusta máis o novo, xa somos maiores e sabemos o que nos gusta e o que non.

Despois desta breve conversa e unha vez visto todo, temos a nosa propia opinión sobre o cole novo. É a seguinte:

Antía: Gústame moito o cole novo, as clases son moi bonitas.

Ana B: A min gústame o patio do recreo.
Alex: A min o que máis me gusta e o "pavillón" de facer ximnasia, para xogar. ( Refírese ao espacio interior que temos para facer a psicomotricidade, con moitos xogos).

Laura: A min tamén.

Inés: A biblioteca é moi bonita porque ten contos moi bonitos.

Miguel, Alberto, Juan, Diego, Ana S, Fran , Adrián L, César, Lucía, Jorge, Hugo, Alejandro, Yago e Manuel opinan como Alex, que o mellor do cole novo e o pavillón da ximnasia; teñen moitísimas gañas de estrealo.

Lara: A min gústame o sitio de facer as festas para que veñan os papás. (O local de usos múltiples).

David F: A min tamén.

Maialen: Gústame a biblioteca porque hai debuxos.

Pablo: Eu non quero opinar.

Adrián G: A min gústame o patio de recreo porsque xogamos moito nel.

Fran: Si, porque nos divertimos.

Miguel: O patio é moi bonito porque podemos xogar nel aínda que chova.


"pavillón de facer a ximnasia"






"Patio de recreo" ao fondo