viernes, 30 de abril de 2010

SEGUIMOS TRABALLANDO

Continuamos co noso proxecto do corazón, desta vez saímos á rúa, pintamos un neno xigante, debuxamos veas, arterias, corazón e pulmóns, repartímonos en equipos: os azuis arterias, os bermellos veas e os verdes o aire que entra pola boca, vai ós pulmóns, ahí cólleno as arterias que o levan ó corazón e este reparteo por todo o corpo, logo as veas fan o mesmo recorrido pero á inversa, ata que sae de volta o aire sucio pola boca. Complicado, pero entendímolo. O que pasa é que agora pasamos o tempo observando as veas nos demáis. na cara. na fronte, nas mans...


O meu corazón é coma o meu puño. A mamá de Maia trouxonos o corazón dun porquiño e comparámolo, abrímolo, estudiamolo por dentro... ó principio dabanos algo de reparo, pero pronto o perdimos e tocámolo por todos os lados.



Unha aclaración, a maioría das fotos sacounas Inés, por iso sae a profe e poden estar algo repetidos os nenos.
As profes de prácticas despedíronse cunha obra de títeres que nos gustou motísimo. Graciñas Raquel, Sulema e Nerea. Volvede pronto.




Aproveitando a exposición que se fixo con motivo do día do Libro, fomos cos nosos titores de 2º a vela: miramos contos, límolos entre todos, contámolos en voz alta e escribimos no libro de suxerencias.












Qué libro máis gordo de poesía está lendo Edu!


Tamén fomos ó palacio de Congresos ó concerto da Ratiña Laranxa, bailamos e todo, pero non nos deixaron sacar fotos.

Por último, pero non menos interesante, seguimos coa visita dos/das avós/avoas. Encántanos que veñades a vernos avoíños, ogallá se animen máis.

Por certo, os amorodos están preciosos.
AH! Hoxe votamos o nome da nosa biblioteca. Qué sairía?









viernes, 23 de abril de 2010

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Direiche un segredo... os libros son máxicos!

Lévanche dun país a outro, dos catelos ás covas...

... da cidade á selva, dos mares ás montañas...

...da terra á lua, e nin sequera tes que moverte.

Non necesitan pilas, nin cables, nin enchufes...


Podes levalos a onde queiras


E sempre serán os teus amigos!

lunes, 19 de abril de 2010

DE BEBÉS......A AVÓS!!

De volta convosco. Xa había uns días que non contabamos nada, pero hoxe temos bastantes novas. Comezamos o aparello circulatorio, que interesante! todo o do corazón apaixoanos: como bombea o sangue a todo o corpo, é un motor moi potente!

Primeiro estudiamos e plantexamos o que queremos facer: veas, arterias e corazón.


Despois decidimos cómo o facemos, e comezamos o traballo



Miramos canto sangue cabe no noso corpo, é increíble!




Fixádevos que caras de asombro.


Xa vai tomando forma a nosa Antía: xa lle puxemos veas e arterias, só nos falta o corazón, pero non nos poñemos dacordo sobre cómo facelo. Cando o acabemos xa volo ensinaremos.




Outra nova: voltamos a plantar amorodos porque os do ano pasado morreron, fixémolo coa clase dos elefantes , facía un aire tremendo, case voamos, pero pasámolo ben.



Plantamos e regamos e despois puxémolos ao sol para que medren ben.






Se nacen xa vos daremos unha proba.

POR FIN BREOGAN!!

Tiñamos tantas gañas de velo e por fin o trouxo a mamá de Diego. Pasámolo moi ben e Breo tamén, xogou coas nosas cousas e non chorou nadiña. E Diego estaba tan contento de ter ao seu irmán no cole.


Outro día volverá a xogar connosco:

Por último: DE BEBÉS...
A nai de Hugo veu a ensinarnos a bebé que ten na barriga estivemos moi atentos ao que nos contaba e ata lle medimos a barriga para ver como medra.





Cando volva xa veremos se medrou algo ou non. Tamén nos deixou unhas fotos do bebé dentro da barriga que se chaman ecografías e un libro moi interesante para estudiar o mundo dos bebés. Graciñas Paula.

....A AVÓS!!

Por último contarvos que xa comezaron a vir avoíños á clase; viñeron os avós de Joel, da clase dos elefantes e invitáronnos a escoitalos. Gustounos moito todo o que nos contaron de cando eran pequenos, os xoguetes que tiñan e as fotos que trouxeron.


Moitísimas grazas por ensinarnos tanto.!!

martes, 13 de abril de 2010

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA!

Sentimos tardar tanto en contarvos as nosas cousas, pero a partir de agora prometemos facelo regularmente. Remontámonos ao entroido, que como xa sabedes dounos moitísimo traballo a todos/as pero mereceu a pena.


Que guapos!











Deixamos o entroido e pasamos a outra cousa. Viñeron as mamis de Fiona e de Hugo, pasámolo
en grande con Nora e vendo a eco do irmán de Hugo. Foi impresionante e Nora é tan guapa. tan pequeniña e tan boíña!









Despois marchamos de excursión ao Planetario , foi xenial porque despois de tanto estudiar os planetas, por fin puidemos velos case en vivo. Encantounos todo: os poliños, os experimentos, a peli, o parque...todo








E por hoxe nada máis, prometemos que enseguida volveredes ter noticias nosas.