viernes, 24 de abril de 2009

IMOS Á GRANXA!

Pois alá imos... Un pouquiño en autobus e outro pouquiño andando. Temos que subir unha boa costa, pero cargados de ilusión, expectación e ledicia con todo se pode.
Aquí nos tedes! Xa estamos na granxa, e desta vez facendo o indio! Así imos dun lado a outro, do taller do pan ó das aves, dos porcos bravos ás cabras, de sementar á montar a cabalo... Toda unha aventura!

Buffff! Agora toca descansar un anaquiño. Tanto movemento...

Mirade! que estilo temos montando!

Chegou o momento da volta a casa, pero continuamos cheos de ledicia polo ben que o pasamos e polas experiencias que alí vivimos.

Contentos sí, pero tamén cansados...

Unha imaxe vale máis ca mil palabras:



jueves, 23 de abril de 2009

TEMOS VERMIÑOS!

É a gran noticia da semana, e quizáis do curso, a xuzgar polo atraídos que están polos vermiños de seda que nos regalaron. Observámolos continuamente, coa lupa vímoslles os olliños, as patiñas e ata a boca. Sabemos que comen folliñas de moreira e fomos ó parque dos pinos a ver cales eran as moreiras, así agora xa lles traemos nós de comer. Gústannos moito.





Por certo, as plantiñas de fresa están preciosas, moitas xa teñen flores. Se segue quentando o sol pronto teremos froitos, humm qué ricos!

Hoxe celebramos o día do libro, e por suposto lemos moitos contos e xuntámonos cos nosos compañeiros elefantiños, todos xuntos escoitamos un conto moi bonito dun parrulo con moita envexa que quería ter todo o que vía, e o noso preferido, o da toupiña. Fixádevos que atentos estivemos.


Agora estamos preparándonos para a semana que vén, imos ir á granxa de excursión e non nos da chegado o día. Xa vos contaremos a nosa experiencia cos animais.
Ata pronto.

lunes, 6 de abril de 2009

REMATAMOS OUTRO TRIMESTRE... PRANTANDO!














Así foi, neste trimestre continuamos traballando día a día e aprendendo uns dos outros. Compartimos experiencias, descubrimos cousas novas e vivimos momentos de ilusión, entusiasmo e felicidade. Ademáis celebramos a chegada da primavera prantando fresas detrás da nosa clase; agora sólo queda coidalas e esperar con paciencia que medren pouco a pouco.
E, como sempre, despedimos o trimestre con unha das festas que nos gustan a nós: bailando, cantando e xogando.
Só nos queda desexarvos Felices Pascuas a todos!!

FELICES PASCUAS

Chegaron as vacacións de Semana Santa, a verdade é que xa nos facían falta porque añinda somos un puco pequenos, a ver se collemos folgos para rematar o curso. Estamos comezando un novo proxecto, o sistema solar; parécenos moi interesante todo o que se refire aos planetas e ás estrelas, vimos o seu tamaño, as características principais, o que máis nos gustou foi o planeta vermello e, por suposto, o planeta anano Plutón que para nós segue sendo unaplaneta a pesares do que digan os astrónomos, porque todo o mundo nos fala del. Tamén nos impresiona o xeo de Urano e os aneis de Saturno, pero o máis importante a nosa Terra, que bonita é cas súas cores verdes e azuis!. Despois de estudar un pouco e ver unha peli, ordeamos por tamaños as boliñas que represesntan o noso Sistema Solar.




O outro proxecto que estamos a facer, o do corpo humano, xa o temos moi avanzado, as partes da cabeza sabémolas de memoria, ata comezamos a escribilas, na medida das nosas posibilidades.






Por último, a festa que fixemos cos ovos de pascua. A profe trouxo unha bolsiña de ovos pequeniños e traballamos un montón con eles: clasificámolos por cores, contámolos, despois ordeámolos en orden crecente por números e por fin, alguén nolos escondeu polo patio do colexio e nós saímos a buscalos cunha cestiña. Cando os atopamos todos comémolos para celebrar a pascua. Foi moi divertido.