E despois do Samaín chega o magosto; por decisión unánime decidimos que esto era o que tiñamos que contar: pasámolo moi ben no pavillón cos xogos que nos organizou o profe Desi coa axuda dos nenos maiores. O que máis nos gustou foi o do paracaídas
Pero tamén estivo moi divertido o taller de maquillaxe, o de encestar castañas, o zapatiño inglés e o dos globos. Fixádevos que ben o pasamos
Preciosa a exposición de colares de castañas, a cada cal máis bonito

Por último comémolas asadas. Estaban riquísimas. A profe dixo que algún ía reventar de tantas que comemos. E como fin de festa xogamos ó baile da escoba, ao principio custounos pero logo fixémolo xa moi ben.

E nada máis por hoxe, foi unha festa inolvidable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario