miércoles, 11 de noviembre de 2009

NOVAS DAS RÁS

Ola a todos!!! Xa estamos de volta, ca mesma ilusión, ca mesma ledicia, cas mesmas gañas de falar, de contar, de aprender, de descubrir, de sentir, de experimentar...., pero.... non todo é igual, porque agora xa somos máis grandes. Mirádenos ben, que guapiños somos!!


Neste curso xa celebramos dúas festas tradicionais propias do outono: O Samaín e O Magosto. Aquí estamos pintando e recortando os morcegos para facer as nosas capas de medo.

Estas son as cabazas que decoramos na casa coas nosas familias. Canto traballamos! Pero que bonita a exposición , e que orixinais!

Presentámosvos a Panchito, o noso novo compañeiro de clase. Xa coñecemos de que esta feito e como se chaman todas as súas partes. Na foto Alejandro está explicando cales son os ósos que él rompeu. Ademáis Panchito serviunos de amigo especial para celebrar o Samaín.

Pois aquí nos tedes, xa preparados para ir por todo o cole mentendo medo. Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!

Despois do Samaín tocou o turno do Magosto. Na festa pasámolo moi, pero que moi ben, sobre todo no pabillón. Aquí estamos todos colocados para empezar a xogar a:
Un, dous, tres, zapatiño inglés!
Pero a verdade é que o máis divertido de todo para nós, foi poder xogar co paracaídas. Disfrutamos moito e non paramos de rir.

Con tanto movemento só faltaba comer unhas castañas quentiñas e marchar para casa a descansar. Moitos biquiños e deica a próxima!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero como traballades!!!!!!
E que maiores e guapos estades, xa se nota que ides cumprir 6 anos.
Que sorte e en pouco tempo con cole novo, que ben!!

Bicos a todos/as e a máis grande para a super profe Marta (portadevos ben con ela que o merece)