lunes, 16 de noviembre de 2009

IMOS DE EXCURSIÓN

Ola, cómo estamos?, outra semana máis queremos contarvos as cousiñas máis interesantes que pasan na nosa aula, e isto foi o que decidimos contar hoxe:
Primeiro e máis importante: FOMOS Á DOMUS!! e vimos moitas cousas relacionadas co noso corpo que nos gustaron moitíiiiisimo, por exemplo o esqueleto azul que está sempre pensando
Montamos nunha bici para ver por detrás como se movían os osiños, que susto pensabamos que era o noso esqueleto, pero todos quixemos montar.

Entramos nun corazón xigante e tamén nos daba algo de respecto oír os latexos e velo por dentro pero prestamos moita atención. Tamén estivemos xogando cunha máquina que semellaba un corazón e bombeamos o sangue dun depósito para outro, cando nós saímos de alí un dos depósitos aumentara polo menos 5 cm e o outro diminuira. Así funciona o noso corazón.
Tamén vimos cerebros e comparamos os seus tamaños: vaca, cabalo, rato... pero a Pablo o que máis lle gustou foi o humano.


Tocamos a barriga dunha mamá embarazada e sentimos as patadiñas do bebé ( era de mentira, pero quedamos moi convencidos), vimos unha peli de como nacían os nenos e logo fotos do crecemento dos bebés na barriga, ao principio parecen peixes!, pero despois xa se van parecendo máis a nós.


Saudamos ó señor máis grande do mundo, corrimos pola cinta, ulimos ovos podridos e pasta dos dentes... e moitas cousas máis.
Pero o que máis nos impreionou foi a peli de medo que vimos coas gafas. Fran di que era de dinosaurios "deprenadores", pero non pasou nada, os que tiñamos medo quitamos as gafas e asunto arreglado.
De volta ao cole traballamos coas fotos e escribimos o que nos pareceu máis importante. Miguel contounos que "mañá" ( imaxinamos que foi onte), foi á Casa dos Peixes e á Domus con papá e Martín porque el quixo ensinarlles todo o que vira.

Cambiando xa de actividade, plantamos landras: botamos terra e auga e agora toca esperar. Alex esperou 5 minutos e díxolle á profe que aínda non vía nacer nada. Hai que esperar un pouco.
AH!! Faltan 38 días para Papá Noel.



No hay comentarios: