lunes, 23 de noviembre de 2009

UNHA SEMANA MÁIS

E seguimos co noso esqueleto Osiños, que xa case parece a mascota da clase. Todos os días saudámolo, xogamos con el, mirámoslle as partes e sabemos xa moitas cousas:

Que ten "celebro" para pensar, que o corazón late e manda sangue para todo o corpo, que os " destestinos" ( non somos capaces de recordar a palabra exacta) son os que gardan os alimentos que nos valen para medrar e os que non valen saen para fóra ,que as veas levan o sangue a todo o corpo, que os pulmóns serven para respirar, que os pés serven para camiñar e as mans para coller... e moitas máis cousas, mesmo escoitamos como late o corazón poñendo os dedos no noso pescozo. Hugo preocupouse moito porque como non o sentía pensou que non tiña corazón, finalmente escoitouno no antebrazo e quedou tranquilo.


Os nenos maiores de 2º viñeron á nosa clase a coñecernos e nós tamén fomos de visita á clase deles. A partir de agora van ser os nosos titores e vannos axudar nalgúns traballos, vannos contar contos e moitas máis cousas. Decidimos que a nosa clase é máis bonita ca deles porque temos moitos contos, libros de esqueletos e xogos, e eles teñen pouquiños. Tanto a nós coma a eles encantounos a experiencia, dentro de pouco repetirémola. Mirade que ben o pasamos.




A outra semana cambiamos a clase, xa non temos sitio fixo, pero temos moitos xogos que antes non había, o que pasa é que aínda non sabemos organizarnos ben e queremos todos os xogos xuntos, eso non pode ser, así que temos que establecer turnos e nesas estamos. Gústanos moito o bingo das letras e o dos números, tamén nos gusta xogar ás cartas e ó parchís e facer sumas cos dados grandes, e por suposto xogar coa caixa de luz e ver os efectos dos papeis e das pedras de cores. Gústannos tantas cousas!







Faltan 30 días para Papá Noel!. Xa queda menos.

No hay comentarios: