viernes, 24 de abril de 2009

IMOS Á GRANXA!

Pois alá imos... Un pouquiño en autobus e outro pouquiño andando. Temos que subir unha boa costa, pero cargados de ilusión, expectación e ledicia con todo se pode.
Aquí nos tedes! Xa estamos na granxa, e desta vez facendo o indio! Así imos dun lado a outro, do taller do pan ó das aves, dos porcos bravos ás cabras, de sementar á montar a cabalo... Toda unha aventura!

Buffff! Agora toca descansar un anaquiño. Tanto movemento...

Mirade! que estilo temos montando!

Chegou o momento da volta a casa, pero continuamos cheos de ledicia polo ben que o pasamos e polas experiencias que alí vivimos.

Contentos sí, pero tamén cansados...

Unha imaxe vale máis ca mil palabras:



No hay comentarios: