jueves, 23 de abril de 2009

TEMOS VERMIÑOS!

É a gran noticia da semana, e quizáis do curso, a xuzgar polo atraídos que están polos vermiños de seda que nos regalaron. Observámolos continuamente, coa lupa vímoslles os olliños, as patiñas e ata a boca. Sabemos que comen folliñas de moreira e fomos ó parque dos pinos a ver cales eran as moreiras, así agora xa lles traemos nós de comer. Gústannos moito.





Por certo, as plantiñas de fresa están preciosas, moitas xa teñen flores. Se segue quentando o sol pronto teremos froitos, humm qué ricos!

Hoxe celebramos o día do libro, e por suposto lemos moitos contos e xuntámonos cos nosos compañeiros elefantiños, todos xuntos escoitamos un conto moi bonito dun parrulo con moita envexa que quería ter todo o que vía, e o noso preferido, o da toupiña. Fixádevos que atentos estivemos.


Agora estamos preparándonos para a semana que vén, imos ir á granxa de excursión e non nos da chegado o día. Xa vos contaremos a nosa experiencia cos animais.
Ata pronto.

No hay comentarios: