martes, 5 de mayo de 2009

IMOS DE EXCURSIÓN!

Por fin chegou o gran día: fomos á granxa de Belelle!. A verdade é que esperabamos este día con moitísimas gañas: plantar, coidar animais, amasar o pan, pero sobre todo montar a cabalo; iso foi o mellor de todo. Algúns tiñamos algo de medo, pero foi tan emocionante que ata o medo escapaba só cando nos tocaba o turno de montar. A cara o di todo!

Eso si, as costas eran tremendas, menos mal que deixou de chover, senón non poderiamos subir por elas. O esforzo valeu a pena.



Unha a continuación da outra, chegamos da granxa e marchamos ó acuario. Encantáronnos os tabeiróns Gaston e Hermosa, e aprendimos moitas cousas sobre eles: que teñen tres filas de dentes, por ondes respiran, os buratiños do nariz, e sobre todo que fan pis coma nós. O malo é que non poidamos sacar apenas fotos porque a luz pon moi nervosos aos peixes. Pero mirade como tocamos as estrelas de mar. Son tan bonitiñas!


Escoitamos o conto moi caladiños.


E rematou a excursión, pero quedounos o bico doce ara facer outra, poderá ser posible?

No hay comentarios: