lunes, 6 de abril de 2009

FELICES PASCUAS

Chegaron as vacacións de Semana Santa, a verdade é que xa nos facían falta porque añinda somos un puco pequenos, a ver se collemos folgos para rematar o curso. Estamos comezando un novo proxecto, o sistema solar; parécenos moi interesante todo o que se refire aos planetas e ás estrelas, vimos o seu tamaño, as características principais, o que máis nos gustou foi o planeta vermello e, por suposto, o planeta anano Plutón que para nós segue sendo unaplaneta a pesares do que digan os astrónomos, porque todo o mundo nos fala del. Tamén nos impresiona o xeo de Urano e os aneis de Saturno, pero o máis importante a nosa Terra, que bonita é cas súas cores verdes e azuis!. Despois de estudar un pouco e ver unha peli, ordeamos por tamaños as boliñas que represesntan o noso Sistema Solar.




O outro proxecto que estamos a facer, o do corpo humano, xa o temos moi avanzado, as partes da cabeza sabémolas de memoria, ata comezamos a escribilas, na medida das nosas posibilidades.






Por último, a festa que fixemos cos ovos de pascua. A profe trouxo unha bolsiña de ovos pequeniños e traballamos un montón con eles: clasificámolos por cores, contámolos, despois ordeámolos en orden crecente por números e por fin, alguén nolos escondeu polo patio do colexio e nós saímos a buscalos cunha cestiña. Cando os atopamos todos comémolos para celebrar a pascua. Foi moi divertido.



No hay comentarios: