Ademáis aprendimos a crear xoguetes coas nosas mans, desta volta tocou un monicreque.
No entroido tocou poñerse na pel das nosas fantasías preferidas... e para iso: caretas ó gusto de cada un!
Despois subimos ó planetario a ver a película do vampiro Don Siro e a súa viaxe polas estrelas, sacamos moitas fotos pero non saíu ningunha, que mágoa!
Cando saímos vimos a planta onde está Charles Darwin con todos os bichiños que estudiou e o globo terráqueo coas súas viaxes, a colección de gormitis e de dinos....Na seguinte planta fixemos experimentos: o arco da vella, as pompas de xabrón, as ondas, a tormenta de area... todos nos gustaron un montón, custounos traballo marchar.
Por último merendamos e xogamos un pouquiño no parque. Foi un día completo.
Pero non todo foi excursión, tamén fixemos cousas interesantes na semana: estivemos contándolles ós de 5 anos todo o que sabiamos de Exipto, e eles contáronnos a nós o que sabían doutras culturas. Foi xenial, mesmo pensamos que igual vos gustaba a vós que vos explicaramos tamén o que sabemos, que vos parece? non temos fotos porque estabamos diante de todo explicando.
Estamos estudiando os aparellos do corpo humano, gústavos o aparello respiratorio que fixemos? Temos que cambiarlle os globos dos pulmóns que non quedan ben os que puxemos.
Escribimos noticias na semana da prensa., xa vedes que concentrados estamos. Temos que facelo máis veces, aínda que nos da moito traballo.
E falando de noticias, atopamos na prensa unha de Exipto: apareceu a cabeza dunha escultura de Amenothep (O pai do noso heroe Tutankamón) de 2 metros e medio, tentamos debuxala no chan pero ía moito frío e só conseguimos plasmar a medida. Outra vez será.
E nada máis por hoxe. Ata outra