lunes, 29 de marzo de 2010

SEGUIMOS A VOLTAS COAS FAMILIAS

E neste trimestre elaboramos coa súa axuda un recordo do noso paso por Infantil.


Tamén nos axudaron co noso proxecto sobor as culturas do mundo, aportando información, ilusión e entusiasmo!

Ademáis aprendimos a crear xoguetes coas nosas mans, desta volta tocou un monicreque.

Velaí a nosa creación! Encantounos!!

E ata xogamos a ser espeleólogos!

E todo bañado coa maxia, a ilusión e a ledicia que nos aportaron as familias.


No entroido tocou poñerse na pel das nosas fantasías preferidas... e para iso: caretas ó gusto de cada un!

E para relaxarse.... nada mellor que disfrutar dun conto! Vivimos emoción, tensión, dúbida e moita ledicia!

Aprendimos tamén que os contos non so nos chegan por medio das palabras, existen moitas formas de expresión e comunicación: nesta ocasión descubrimos a lingua de signos!!
A verdade é que os xoves se convertiron nun día moi especial para nós, cada semana esperamos con ilusión descubrir a familia que nos agasallará coa súa presenza, e a sorpresa do que nos contará.
Porque coa familia se aprende, coa familia se descubre, coa familia se sinte e coa familia se vive.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Que gran idea traballar coas familias!Gustoume moitísimo todo o que fixestes.
Mamá, papá, avó, avoa...¡Canto cariño nestas palabras!