No entroido tocou poñerse na pel das nosas fantasías preferidas... e para iso: caretas ó gusto de cada un!
lunes, 29 de marzo de 2010
SEGUIMOS A VOLTAS COAS FAMILIAS
No entroido tocou poñerse na pel das nosas fantasías preferidas... e para iso: caretas ó gusto de cada un!
miércoles, 24 de marzo de 2010
IMOS DE EXCURSIÓN!
No primeiro andar puidemos manipular e investigar nós mesmos como se foramos auténticos científicos.
domingo, 21 de marzo de 2010
POR FIN OS PLANETAS!!
Despois subimos ó planetario a ver a película do vampiro Don Siro e a súa viaxe polas estrelas, sacamos moitas fotos pero non saíu ningunha, que mágoa!
Na seguinte planta fixemos experimentos: o arco da vella, as pompas de xabrón, as ondas, a tormenta de area... todos nos gustaron un montón, custounos traballo marchar.
Por último merendamos e xogamos un pouquiño no parque. Foi un día completo.
Pero non todo foi excursión, tamén fixemos cousas interesantes na semana: estivemos contándolles ós de 5 anos todo o que sabiamos de Exipto, e eles contáronnos a nós o que sabían doutras culturas. Foi xenial, mesmo pensamos que igual vos gustaba a vós que vos explicaramos tamén o que sabemos, que vos parece? non temos fotos porque estabamos diante de todo explicando.
Estamos estudiando os aparellos do corpo humano, gústavos o aparello respiratorio que fixemos? Temos que cambiarlle os globos dos pulmóns que non quedan ben os que puxemos.
Escribimos noticias na semana da prensa., xa vedes que concentrados estamos. Temos que facelo máis veces, aínda que nos da moito traballo.
E falando de noticias, atopamos na prensa unha de Exipto: apareceu a cabeza dunha escultura de Amenothep (O pai do noso heroe Tutankamón) de 2 metros e medio, tentamos debuxala no chan pero ía moito frío e só conseguimos plasmar a medida. Outra vez será.
E nada máis por hoxe. Ata outra
jueves, 4 de marzo de 2010
A VOLTAS CON EXIPTO
Consultamos moitos libros e cando atopamos algo interesante marcámolo mentras a profe ou algún dos nosos compañeiros nos sacan fotos, despois explicámosllo ós outros compañeiros.
Pintamos deuses, pirámides, e imos á pantalla dixital a consultar internet e a traballar: localizamos nun mapa mundi España e Exipto e logo fixemos unha viaxe virtual en barco e en avión, trazamos a ruta que seguiríamos ata chegar alí e logo tivemos unha pequena discusión, a profe dicía que non se podía ir en coche e nós dixemos que sí, Adrián e Alejandro dicían que só había que ir polos cadriños de cores (países) e demostrárono, e a profe disculpouses e dixo que tiñan razón, levounos moito tempo pero aí está o resultado
Agora só nos falta darlle forma a todo o que sabemos para que nos quede nun libro gardado.
Pero por suposto seguimos traballando noutros temas e outro que nos apasiona é o corpo humano; nunhas radiografías descubrimos todos os osos do corpo e ata o corazón e os pulmóns que a profe non vía.