martes, 3 de febrero de 2009

OUTRA DE GOLFIÑOS

Primeiro de todo a gran noticia desta semana na aula dos golfiños: POR FIN NACEU BREOGÁN!!. Diego contounos xa todo o que se refire ao seu novo irmán: chora, é pequeniño e cando veña coa súa mamá para a casa enseguida o traerá ao cole. Esperamos impacientes.

E seguimos coas outras novas destes días; o máis preocupante, o vento. Alex di que tirou tellados, a Hugo o que máis lle impactou foi que tirou semáforos, Adrián pensa que o peor foron todas as árbores que arrincou, pero todos opinaron que o vento, cando é forte, é moi malo e asusta moito. O que máis nos preocupou foi que rompeu o tellado do cole e do pavillón; iso foi o malo, porque o bo do conto é, según Lara que temos "unha piscina " no cole ( ese día chovía tanto que se facían charcos no chan) e, sobre todo que viñeron os de protección civil a arranxalo e para iso trouxeron o camión dos bombeiros. Foi moi emocionante ver como subían e baixaban coa grúa aos señores que poñían o tellado novo.




E xa para rematar a semana a gran festa da semana: o día da PAZ. Estabamos moi emocionados porque había que cantar e bailar. Prácticamente todos sabíamos o estribillo de Rosario " no dudaría", que acompañamos cos pompóns brancos, pero tamén cantamos moi ben a nosa canción dos peques do cole. Graciñas a todos por axudarnos a aprendela.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Felicidades a Diego e a súa familia pola boa nova.