jueves, 19 de febrero de 2009

CHEGOU O ENTROIDO!

Levamos moitos días sen escribir, porque con todos os preparativos do entroido case non tivemos tempo para nada. Como xa sabedes dende o cole estamos a potenciar a alimentación saudable, por iso en educación infantil e 1º ciclo de primaria, imos ir disfrazados de alimentos; nós estivemos falando na asamblea e chegamos á conclusión de que o alimento primordial nos nenos pequenos é o leite, por iso o noso disfraz é de cartón de leite. Temos que agradecer profundamente ás mamás que viñeron axudar ó cole a elaborar os disfraces e a todas as familias que dende a casa trouxeron todo preparado, e sobre todo a Sonia que estivo toda unha mañá pegando letras e debuxos. Moitas grazas a todos.

Por certo, mañá é a festa e encantaríanos que poiderades vir a darnos ánimos porque somos moi pequeniños e no pavillón con tanta xente asustámonos un pouco, pero ímolo pasar xenial.

Estes días traballamos moito coa prensa, vimos noticias moi interesantes e cada un de nós recortou a que máis lle interesou, a Inés chamoulle a atención unha foto dos políticos, falamos do que era, do presidente do goberno e de que dentro de pouco vai a haber eleccións e quizáis fora por iso, cando tiveron xogo libre Hugo foi á cociña e nunha cazola "cociñou a política do goberno" batendo con moita forza. Rímonos moito co conto.





1 comentario:

Anónimo dijo...

Desdexo felicitar a tódalas mestras(e nais) pola imaxinación e pericia que amosaron na creación dos desfraces; os rapaces estaban moi simpáticos.
Por outra banda, animarvos a seguir enchendo o blog coas novas dos nenos. Non pensedes que o voso esforzo é baldío e que ninguén consulta o blog. Eu, pola miña parte míroo tódalas semanas e sei que outras nais fan o mesmo. O que ocorre é que non sempre temos comentarios que facer. Grazas.