martes, 16 de diciembre de 2008

Hola outra vez, somos de novo os golfiños e queremosvos contar que esta semana foi moi emocionante: o venres veu Papá Noel ao cole!. Traballamos moito toda a semana: rematamos os caderniños de mates, fixemos fichas, pintamos unha postal coas pegadas das nosas mans para felicitarlles o Nadal ás nosas familias e algo moi emocionante: o mércores, os maiores de 6º viñeron a axudarnos a escribir a carta de Papá Noel. Como aínda non sabemos ler nin escribir, estabamos algo preocupados, menos mal que os maiores non botaron unha man e escribimos unhas cartas preciosas. Por fin chegou o día, o venres veu Papá Noel; era tanta a emoción que algúns nenos choraron ao entrar na clase e a maioría non durmimos ven de noite, pero cando ao fin o vimos remataron os problemas: explicámoslle as nosas cartas, contámoslle cousas, dounos caramelos e despedímonos ata a noite do 24 de Nadal.
Esta semana estamos moi nerviosos, achéganse as vacacións e a verdade é que xa estamos algo cansos de tanto traballar, por iso adícamonos a contar moitos contos e cantar cancións coma a de Paco Papán que nos fai moita gracia.
Bueno amigos, como é probable que non voltemos a contar nada ata o ano que vén, querémosvos desexar unhas felices festas. Biquiños a todos

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como dis que ata o ano que ven, a miña pregunta é ¿Non hai celebración da Navidad no colexio?, é dicir, todos os anos se fixeron representacións navideñas, cantaron villacincos pero este ano, non se "percibe" que vaia a haber algo e a verdade é que non sería xusto xa que sendo nai dun Golfiño, gustaríame velo facer algo para que o teña de recordo, non sei pero é unha pena porque o ano pasado tamén pasou o mesmo co Carnaval...

Marta dijo...

Gracias por facer tan felices os nenos. Eu tamén votei en falta un festival de nadal.