Temos que contarvos un segredo que ata o de agora non sabía ninguén: O rato Pérez ven moitas veces a vernos e cada vez deixanos un conto, cada cal máis bonito, e unha carta. Como sabe que nos encanta o tema da prehistoria porque ve os nosos debuxos, os libros, as armas e todo o que temos, ahí atrás prometeunos un regalo de parte dos seus filliños e mirade que nos trouxo: UN MAMUT!! Agora nós temos que forralo ben de papel e pintalo, xa veredes que chulo nos vai quedar.
Outra cousa que queremos contarvos é que estamos a traballar os sentidos co libro do protagonista, e a verdade é que os papás danlle moitas voltas á cabeza para mandarnos á clase e que as vexan todos os compis, fixádevos que marabilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario