lunes, 19 de abril de 2010

DE BEBÉS......A AVÓS!!

De volta convosco. Xa había uns días que non contabamos nada, pero hoxe temos bastantes novas. Comezamos o aparello circulatorio, que interesante! todo o do corazón apaixoanos: como bombea o sangue a todo o corpo, é un motor moi potente!

Primeiro estudiamos e plantexamos o que queremos facer: veas, arterias e corazón.


Despois decidimos cómo o facemos, e comezamos o traballo



Miramos canto sangue cabe no noso corpo, é increíble!




Fixádevos que caras de asombro.


Xa vai tomando forma a nosa Antía: xa lle puxemos veas e arterias, só nos falta o corazón, pero non nos poñemos dacordo sobre cómo facelo. Cando o acabemos xa volo ensinaremos.




Outra nova: voltamos a plantar amorodos porque os do ano pasado morreron, fixémolo coa clase dos elefantes , facía un aire tremendo, case voamos, pero pasámolo ben.



Plantamos e regamos e despois puxémolos ao sol para que medren ben.






Se nacen xa vos daremos unha proba.

POR FIN BREOGAN!!

Tiñamos tantas gañas de velo e por fin o trouxo a mamá de Diego. Pasámolo moi ben e Breo tamén, xogou coas nosas cousas e non chorou nadiña. E Diego estaba tan contento de ter ao seu irmán no cole.


Outro día volverá a xogar connosco:

Por último: DE BEBÉS...
A nai de Hugo veu a ensinarnos a bebé que ten na barriga estivemos moi atentos ao que nos contaba e ata lle medimos a barriga para ver como medra.





Cando volva xa veremos se medrou algo ou non. Tamén nos deixou unhas fotos do bebé dentro da barriga que se chaman ecografías e un libro moi interesante para estudiar o mundo dos bebés. Graciñas Paula.

....A AVÓS!!

Por último contarvos que xa comezaron a vir avoíños á clase; viñeron os avós de Joel, da clase dos elefantes e invitáronnos a escoitalos. Gustounos moito todo o que nos contaron de cando eran pequenos, os xoguetes que tiñan e as fotos que trouxeron.


Moitísimas grazas por ensinarnos tanto.!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Que nenos e nenas tan felices e canto aprenden!. Gustoume moito o percorrido desta publicación, empezades co corazón, continuades cunha nai embarazada, logo o irmán pequeniño dun compañeiro da clase e rematades coas experiencias dos avós. ¡Como me gustaría volver a ser pequena e ter unha profesora tan completa!. Noraboa.

Anónimo dijo...

Agora xa estou máis contenta porque a profe puxo moitas cousas e todas moi bonitas. Ten moito mérito a nai de Hugo porque deixou tocar a barriga...hai que ter valor!
O dos avòs tamén estivo moi ben, a ver se consigo eu que vaia o meu pai:Estou en trámites!
Seguide así e noraboa.

Anónimo dijo...

Hola!!
Ya veo que no perdeis el tiempo y que estáis trabajando un montón!! Os mando un beso enorme y os echo un montón de menos, a ver si puedo ir a haceros una visita pronto!! Muchos besitos!!! Lucía