viernes, 19 de febrero de 2010

DE VOLTA CONVOSCO

Xa hai moito tempo que non contamos cousas, o problema é que o noso ordenador non vai ben e non podemos ver as imaxes para opinar e contar o máis interesante; pero como as festas nos gustan moito ahí van as últimas:
Día da Paz: todos en roda escoitando aos nenos que actuaban, despois cantamos e bailamos todos xuntos a canción de Diego Torres.




A seguinte e case seguida unha da outra foi o Entroido. Qué ben o pasamos e cánto traballamos!! Como estabamos estudiando o mundo exipcio, que nos chama moitísimo a atención, disfrazámonos de exipcios, con momia e pirámide incluídas. Só tivemos un fallo, á hora do baile quedamos coma estatuas, iso que o sabiamos moi ben. Son cousas do directo




por último, pero non menos importante, o día do entroido viñéron algunha mamás, papás e avoas a facernos filloas. Estaban riquísimas. Moitíiiiisimas grazas a todos e esperámosvos para o ano que ven.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Se o ano pasado os golfiños estiveron moi simpáticos de bricks de leite, este ano estiveron espectaculares. O listón quedou moi alto para o vindeiro entroido.
Así pois, grazas. Grazas polo traballo e por permitirnos aos pais dos golfiños ter sempre unha fiestra aberta á clase a través do blog. Somos uns privilexiados.