lunes, 30 de marzo de 2009

OLA DE NOVO

Esta semana por fin rematamos a construcción do castelo. Despois de moito tempo e moitas capas de papel, quedou listo o venres pasado para poder pintalo, que é o paso seguinte que nos queda aos de 3 anos. O resto do traballo xa é para os de 4 e 5 anos, pero eso sí, sabemos un montón de cousas da vida dos castelos e dos seus personaxes, algún deles sorprendeu ata á profe, coma os arqueiros ou os canóns que faltan no alto das murallas ou as bandeiras que hai que poñer nas torres.
Vainos quedar moi bonito, non vos parece?


Comezamos tamén o seguinte traballo artístico, a historia do millo en viñetas, esta é unha delas.




E como non, falar de Moucho, o moito que nos gusta e o ben que o pasamos cando el vén, e, por suposto, o que aprendemos. Esta semana quedounos moi claro que se compartimos cos demáis, todos seremos máis felices. Qué mágoa que os maiores non aprenderan eso de pequenos!



sábado, 28 de marzo de 2009

O MOUCHO LEROUCHO




Pois sí, nesta semana recibimos a visita dun moucho un pouco particular. Pois tivemos que berrarlle de cando en vez para que non se quedase durmido, e nos contase as historias tan interesantes que ten gardadas na súa maleta.


Pero desta vez o Moucho veu con gañas de guerra, así que se puxo a repartir pegatinas ó chou: a uns dáballes tres, a outros dúas, a outros unha, e a outros ningunha. Que vos parece? pois iso, igual que a nós: fatal!.


Tivemos que buscar unha solución para quedar todos contentos, pero de contado levantáronse mans que ofrecían as pegatinas que lles sobraban a outros que non tiñan. Ó final, levamos todos o noso agasallo, menos mal...

viernes, 27 de marzo de 2009

Agradecementos




A clase de cinco anos B agradécelle á familia do antigo alumno do colexio, Sergio Simarro, a doazón dun ordenador para a aula.

lunes, 23 de marzo de 2009

A VOLTAS CO XORNAL




Nesas andamos..., pensando para que serve un xornal, que cousas nos conta, por que a xente o le, que outros usos se lle poden dar...


O que máis nos chamou a atención foi que cada día morra tanta xente, mira que saen esquelas!. Ah! e tamén nos gustaron moito os pasatempos, sobre todo o das diferenzas.


Agora xa coñecemos as diferentes seccións dun xornal, e chegamos a conclusión de que se trata dunha pequena ventana aberta ó mundo, xa que nel se pode ler o que ocorre, tanto cousas boas, como outras menos boas. Así que decidimos representar isto nun mural que está colgado no corcho do cole.
Ademáis descubrimos novos usos para as follas do xornal: para envolver cousas, para que as nosas mascotas non nos mexen o chan da casa, para facer barquiños, gorros...
En suma, unha aventura máis, que nos deparará a próxima semana?


martes, 17 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA

Ola de novo, aquí estamos de volta para contarvos as novas desta semana que non son poucas. O primeiro que vos contamos é que estivemos a plantar amorodos, porque falando de froitas descubrimos que a todos nos gustan moitísimo; tivemos algún problema porque non lles botamos terra e auga abondo e secou algunha, pero hoxe xa o arreglamos de volta a ver se logramos comer algún na primavera. Para plantalas aproveitamos algúns dos bricks que sobraron de facer o castelo.



Celebramos a semana da prensa e todos traballamos cos xornais, nós como somos pequeniños non sabemos aínda ler, pero si buscar noticias tristes e alegres, e iso foi o que fixemos. Logo fixemos murais con todas elas.



Por último, pero non menos importante, fomos de invitados á clase de 3 anos dos elefantiños, xa que dúas mamás nos representaron un contacontos que trataba de animaliños: bolboretas, vermiños, xoaniñas...Gustounos moito a todos. De parte de todos moitas grazas e xa sabedes papis/mamis, animádevos que resulta moi bonito e aos voso fillos encántalles.






miércoles, 11 de marzo de 2009

XOGANDO A SER ARTISTAS

Aquí nos tedes, observando, escoitando e aprendendo. Vaia figuras máis bonitas! Pero que torre máis alta! E que mans máis grandes!E ademáis de bonitas son prácticas:
Mans floreiros de Sargadelos!




Pois nesas andamos. Dende que fomos de excursión á Fundación Luis Seone estamos feitos uns auténticos pintores. Alí aprendimos que un cadro é unha forma de expresión e que nel podemos ensinar alegría, tristeza, enfado, medo... Asemade descubrimos que cada un pode facer unha interpretación propia da obra aportando a súa experiencia, os seus pensamentos e os seus desexos. Así que aquí estamos mans á obra!.
Mil biquiños de tódolas cores!


lunes, 9 de marzo de 2009

TRABALLANDO CON ARTE ll

Outro gran traballo de arte que estamos levando a cabo en todo educación infantil, A VIDA NUN CASTELO. Por suposto o primeiro é construir o castelo, para iso precisabamos os bricks de leite, e nesas estamos.


Despois forrámolos con papel de cociña e cola.



Cambiamos de actividade e buscamos un tesouro escondido. Primeiro fixemos un plano e despois saimos a fóra a buscalo e atopámolo! Gustounos tanto que queremos ir todos os días ó patio a buscar tesouros.







Facendo o plano.

Buscando o tesouro a partires do plano.

Atopámolo!!!

TRABALLANDO CON ARTE


Qué vos parece? a qué están guapos e súper atentos ó que explica a monitora da fundación Luis Seoane? Foi emocionante: a nosa primeira visita a un museo!! As ideas previas que tiñamos dun museo eran practicamente nulas, pensabamos que un museo era un sitio onde podiamos ver pelexas ( cos puños pechados Alberto, Pablo e Adrián explicaban que un museo era para dar puñetazos), unha vez aclarado que unha cousa era o boxeo e outra un museo, chegamos á conclusión que a un museo iamos ver obras de arte. Outra gran pregunta, qué é unha obra de arte? despois de ver moitas láminas de pintura ( Miró , Kandinsky, Picasso...) e escultura: David, a Venus de Milo, o Discóbolo, chegamos á conclusión que nos gustan moito as esculturas e imitar as súas posicións. Así preparamos a excursión á Fundación e por iso estabamos tan atentos ás explicacións que nos daban.

O cadro que máis nos gustou? o da señora cos zapatos na cabeza e como non o da guerra, con esas caras tan tristes e tan feas. Pois foi o noso preferido. Iso dounos pé logo para traballar na clase as caras ledas e as caras tristes, e despois de decidir que as máis bonitas eran as alegres buscamos na prensa caras alegres e todos atopamos algunha que logo recortamos e pegamos. Despois aproveitamos e xogamos coa prensa que para todo vale.




Pequenos artistas.

Estamos agochados e ninguén nos ve.

domingo, 1 de marzo de 2009

ENTROIDO, QUÉ RICO!


Primeiro foron as nosas vaquiñas, pero qué nos dan as vacas? : LEITE!, e aquí veñen os bricks de leite de 3 anos. Decidimos entre todos que un dos alimentos máis importantes na alimentación dun neno é o leite, tomámolo pola mañá e á noite cando menos, por iso pensamos que xa que había que ir de alimentos saudables, sería unha boa idea disfrazarnos de leite. A verdade é que os nosos pequenos pouco colaboraron no disfraz pero si o fixeron as súas familias na súa casa e no cole, vindo a axudarnos na elaboración e a vestirnos e pintarnos. Graciñas a todos.





Qué guapos estaban todos os nosos nenos! os tomates, as vacas, as uvas, as mazás, as cenorias, as berenxenas, e todos os demáis, resultou moi colorido, quizáis o máis colorido destes últimos anos, só nos falta un lugar máis axeitado para celebrar o noso festival; a ver se para o curso que vén temos máis sorte.

Qué lambetadas tan ricas ten o noso entroido: filloas, orellas, rosquiñas, a cada cal mellor. A qué da envexa a estas horas? Ata o ano que vén entroido.