domingo, 1 de marzo de 2009

ENTROIDO, QUÉ RICO!


Primeiro foron as nosas vaquiñas, pero qué nos dan as vacas? : LEITE!, e aquí veñen os bricks de leite de 3 anos. Decidimos entre todos que un dos alimentos máis importantes na alimentación dun neno é o leite, tomámolo pola mañá e á noite cando menos, por iso pensamos que xa que había que ir de alimentos saudables, sería unha boa idea disfrazarnos de leite. A verdade é que os nosos pequenos pouco colaboraron no disfraz pero si o fixeron as súas familias na súa casa e no cole, vindo a axudarnos na elaboración e a vestirnos e pintarnos. Graciñas a todos.





Qué guapos estaban todos os nosos nenos! os tomates, as vacas, as uvas, as mazás, as cenorias, as berenxenas, e todos os demáis, resultou moi colorido, quizáis o máis colorido destes últimos anos, só nos falta un lugar máis axeitado para celebrar o noso festival; a ver se para o curso que vén temos máis sorte.

Qué lambetadas tan ricas ten o noso entroido: filloas, orellas, rosquiñas, a cada cal mellor. A qué da envexa a estas horas? Ata o ano que vén entroido.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

FELECIDADES A TODOS. ESTAIS TODOS MUY GUAPOS. ENTRO MUY A MENUDO PARA VER TODO LO QUE HACEIS. ME PARECE MUY BUENA IDEA EL BLOG. SOLO ME DA PENA QUE NO PARTICIPEN TODOS. AUN ESTOY ESPERANDO VER LO QUE HACE MI HIJA EN LA CLASE DE 3 AÑOS DE CASTELLANO.PER ME ALEGRO DE SABER DE LOS DEMAS. ENHORABUENA A LAS PROFESORAS POR SU LABOR. BESOS

Anónimo dijo...

Teño a sorte de ser a nai dunha "golfiño" e ver no blog o que fai na clase pero quero solidarizarme cos pais dos nenos da clase de castelán que non teñen ningunha información e xa transcorreu a meirande parte do curso. Se polo menos queredes ver fotos dos nenos entrade na páxina web do colexio: centros.edu.xunta.es/ceipdograxal2

Anónimo dijo...

Os meus parabéns á mestra dos "golfiños", Jenny, polo seu traballo. Quedei abraiada o outro día cando a miña filla recoñeceu case todo o alfabeto e iso que non é das máis traballadoras.
Penso que a profesión de mestra ten moitos "sensabores" pero tamén creo que é moi gratificante ver como progresan os nenos. Repito: noraboa e grazas.

Marta dijo...

Aunque sea un poco tarde muchas felicidades por vuestro carnaval. Por desgracia no he podido estar en el desfile pero me lo grabaron todo en video para que lo pudiera ver. Como ya dije alguna vez me alegro de poder ver lo que hace los "golfiños".