lunes, 15 de junio de 2009

NA RECTA FINAL!

Estamos chegando ao final e rematan moitas cousas das que temos empezadas, entre outras o ciclo dos vermiños de seda: xa temos volvoretas!! Por certo, o vermiño que non fixo o casuliño tamén se convertiu en volvoreta, pero tivo un problema, non lle saíron ás. Pero iso si, atopou noivo/a como as outras, xuntouse e xa puxo oviños. Algunhas das volovoretas que puxeron oviños hai uns días, xa morreron, pero non estamos tristes, porque sabemos que na primavera dos oviños van nacer vermiños novos.

Por outra banda, e para rematar o proxecto do Sistema Solar pedímoslle axuda aos papás e mamás para construir unha nave espacial, e viñeron as mamás de Juan e Antía que nos fixeron unha nave preciosa que nós temos que pintar agora. Moitas grazas mamis.





O venres viñeron os maiores de 6º contarnos un conto sobre unha avoa extraterrestre que nos gustou moito. Xulgade vós.







E hoxe veu contarnos contos Xoán Babarro, o escritor do conto A tea de araña que todo o apaña, que tanto nos gustou e que traballamos na clase. Despois asinounos a cada un o noso libro.


E como de momento non temos máis novidades despedímonos. Ata pronto



No hay comentarios: