jueves, 15 de enero de 2009

Aquí estamos de novo para contarvos algunha das nosas novas. En primeiro lugar respostar un comentario que a verdade aínda o vimos hoxe, non puido haber festival de Nadal por falta material de espacio, o próximo curso, cando xa teñamos o cole novo, non haberá este problema; de todos os xeitos xa sabedes que non hai ningún problema en vir á clase cando vos queirades e ver aos vosos fillos no ambiente escolar, só tedes que avisar antes, estaremos encantados de recibirvos.
Unha mensaxe de parte dos golfiños a todos os pais/nais: hoxe estivemos vendo o manexo da páxina web e deste blog, de momento eles non saben escribir pero queren contar o que fan nas clases, os seus desexos e sentimentos e o primeiro e máis importante: Que son todos moi guapos!
Aínda que levamos poucos días de clase xa tivemos bastantes emocións: primeiro a neve, que moitos de nós fomos a vela cos nosos pais, logo veu o Moucho Leroucho á clase, cousa que nos encanta . Gustounos moito tamén que viñeran dous papás a axudarnos a montar a tenda de madeira, porque a profe non era quen de facelo; dámoslles as grazas por virnos axudar.
A actividade que máis nos chamou a atención estes días foi a de plantar, primeiro decoramos as macetas pequeniñas de barro e despois plantamos crocus, de cores para ter flores agora no inverno.
E por agora nada máis, a semana que vén contarmos máis cousas. Biquiños.

2 comentarios:

Marta dijo...

Hola soy Fran (un golfiño). Mi mama me está ayudando a escribir este mensaje. Jenny eres guapisima, pero guapisima. Tienes que traer unos regalos y te voy a llevar unas fichas.
Un beso
Fran
COMENTARIO DE SU MAMA: Yo escribo tal cual me lo ha dicho. Un saludo.

Marta dijo...

Nosotros hemos intentado también plantar en casa pero no lo hemos conseguido. Espero que tengáis más suerte porque a los niños les hace mucha ilusión.