XA SOMOS OS MAIORES, temos que ser responsables, axudar aos máis pequenos, traballar moito...a profe ten que recordárnolo continuamente porque se nos olvida, pero pouco a pouco ímolo conseguindo. Xa fixemos tantas cousas que non sabemos por onde empezar, imos ver.
Comezamos o proxecto da prehistoria: estudiamos o paleolitico, comida, vestidos, arte rupestre, estampamos as nosas mans, pintamos con sangue, barro, flores, follas...e fixemos unha cova coma a de Altamira que estamos agora a piques de rematar.
Pero onde apareceron os primeiros restos humanos, a nosa avoa Lucy?, en Etiopia claro, en Africa, pero cando oímos esta palabra máxica inmediatamente asociamos Waka Waka, cantamos e bailamos, é que somos moi divertido!. E como este ano temos a sorte de ter na clase un ordenador e un canón para proxectar, mirade que ven o pasamos:
Preparamos o teito da cova.

Pintamos con barro e "sangue".
Trouxemos armas fabricadas por nós coa axuda da nosa familia.
Estamos a piques de rematar a cova prehistórica.
E o papá de Ana fíxonos un dolmen tan chulo que quixemos que viñera a enseñarnos como se facía e tróuxonos dúas pallozas. Con el fixemos pedras para facer un muro, só nos falta pintalas. Estivemos tan calados que a profe non o podía crer.
En fin que estamos feitos uns verdadeiros prehisóricos.
Outra actividade que nos gustou moitísimo foi a da vendima: levamos uvas, clasificámolas por cores, quitámoslles os rabiños e despois pisámolas nunhas tinas. Sacamos moito zume! despois bebémolo, estaba riquísimo.
En fin que estamos feitos uns verdadeiros prehisóricos.
Outra actividade que nos gustou moitísimo foi a da vendima: levamos uvas, clasificámolas por cores, quitámoslles os rabiños e despois pisámolas nunhas tinas. Sacamos moito zume! despois bebémolo, estaba riquísimo.
Ah! e como estamos a traballar no libro do protagonista cos sentidos estamos traballando tamén neste tema. Inés foi a primeira e trouxo unha táboa moi chula para tocar. Despois veu a súa mamá a contarnos o conto de Garavanciño. Pasámolo moi ben.


A ver se temos sorte e veñen todas as mamás ou papás a vernos cando nos toque ser protagonistas, emociónamos moito cando ven alguén a estar connosco.
Pronto volveremos para contarvos máis cousas.