miércoles, 30 de junio de 2010

GRAZAS, FAMILIAS !

Pola vosa entrega,
pola vosa ilusión,
pola vosa dedicación,
polo voso esforzo,
polas vosas ideas,
polas vosas gañas,
polo voso cariño,
polos vosos agasallos,
polas vosas sorpresas,
polas vosas historias,
polas vosas risas,
polo voso amor,
pola vosa paciencia,
polo voso traballo,
pola vosa colaboración.
Grazas por compartir con nós esta aventura!

jueves, 17 de junio de 2010

CERRAMOS O CURSO COS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS!!

Neste último trimestre levamos a cabo un proxecto sobre os deportes co fin de buscar en nós hábitos saudables, e valores como a superación, o esforzo e o traballo en equipo.
E descubrimos que no xogo, como na vida, unhas veces se gaña e outras se perde, pero non por iso hai que deixar de botar gañas, ilusión e alegría.
Preparados....

Listos...

Pum!!!
Velaí a carreira feminina!
Pum!!!
É o turno dos homes!

Pum!!!
Toca a carreira mixta!

E todo esforzo ten a súa recompensa...


Oe..., oe, oe, oe!!


Ademáis participamos nun concurso de debuxo olímpico a nivel autonómico organizado pola Asociación de Estudios Olímpicos.

E dous de nós foron os gañadores!!

Alejandro Miramontes Mayer obtivo a medalla de prata.



E Cristina Blanco Busto a de bronce!.


Estamos feitos uns auténticos deportistas!

martes, 8 de junio de 2010

Un día perdidos na natureza...






Así foi... fomos cheos de nervios e de ilusión. E unha vez alí non paramos de abraiarnos con cada animal que encontrabamos, con cada historia que nos contaban os monitores e con cada actividade que realizabamos. Foi toda unha experiencia!

Un descansiño para coller folgos!!

Pasámolo en grande!
Disfrutamos todo o día ó aire libre!
Pero o mellor de todo foi poder compartir esos intres de ilusión e alegría cos nosos amigos. As miradas, os segredos, a complicidade, a axuda, o apoio, o cariño...
Poder pasar todo o día xuntos xogando, rindo, falando... foi o máis especial do día.
E despois de tantas emocións....