viernes, 26 de febrero de 2010

DE FESTA EN FESTA







LAURA: Para que haxa Paz no mundo,

debe haber Paz nos continentes.

PABLO: Para que haxa Paz nos continentes,

debe haber Paz nas cidades.

VÍCTOR: Para que haxa Paz nas cidades,

debe haber Paz entre os veciños.

ABEL: Para que haxa Paz entre os veciños,

debe haber Paz nas casas.

LENA: Para que haxa Paz nas casas,

debe haber Paz nos nosos corazóns.

Proclamamos a Paz e rematamos de troula, xogando a ser hindús.

Namasté a todos pola vosa axuda, ilusión, entrega e ledicia!!

viernes, 19 de febrero de 2010

DE VOLTA CONVOSCO

Xa hai moito tempo que non contamos cousas, o problema é que o noso ordenador non vai ben e non podemos ver as imaxes para opinar e contar o máis interesante; pero como as festas nos gustan moito ahí van as últimas:
Día da Paz: todos en roda escoitando aos nenos que actuaban, despois cantamos e bailamos todos xuntos a canción de Diego Torres.




A seguinte e case seguida unha da outra foi o Entroido. Qué ben o pasamos e cánto traballamos!! Como estabamos estudiando o mundo exipcio, que nos chama moitísimo a atención, disfrazámonos de exipcios, con momia e pirámide incluídas. Só tivemos un fallo, á hora do baile quedamos coma estatuas, iso que o sabiamos moi ben. Son cousas do directo




por último, pero non menos importante, o día do entroido viñéron algunha mamás, papás e avoas a facernos filloas. Estaban riquísimas. Moitíiiiisimas grazas a todos e esperámosvos para o ano que ven.