martes, 23 de junio de 2009

E COLORÍN, COLORADO...







Así despedimos o curso, bailado, xogando e pasándoo moi, pero que moi, ben. Porque de iso se trata: de aprender xogando, de disfrutar cada paso que damos, e de querer descubrir e saber máis. Agora toca o turno das vacacións, para continuar experimentando, vivindo; e chegar ó novo curso con enerxías renovadas, con novas ilusións e con gañas de facer.
Moitas grazas a tod@s pola vosa axuda e colaboración, facendo deste curso un conto cheo de ledicia, música, color e maxia.
Un biquiño moi grande de todos nós e...
Ata pronto!

domingo, 21 de junio de 2009

E CON ESTO E UN BISCOITO...

Chegamos ao final. Custounos moito, estamos moi cansos, tanto que algun/ha quedaba durmido na alfombra ás primeiras de cambio porque seguimos sendo aínda un pouco pequenos, pero esperade ao curso que vén, veredes o que somos capaces de facer, ímosvos sorprender a todos. Pouco que contar desta última semana, ou moito, según se mire: rematamos algún traballo que quedaba por ahí, rematamos a nave espacial e subimos nela, pero eso sí Adrián está moi preocupado porque non bota lume e así non pode voar, pero xa lle explicamos que é de xoguete e de momento non voa.





Aquí temos a Juan montado.



Qué ben o pasamos no pavillón o último día de ximnasia coa profe María!




Tivemos varias festas: o xoves pola mañá a festa das chuches na clase cos elefantiños, pola tarde a das actividades no pavillón, e o venres a gran festa: hinchables, maxia, xogos...



A profe Carmen é unha axudante de mago xenial. Pasámolo moi ben con ela.






Moitas emocións en pouco tempo, tanto que non nos dou moito tempo a reflexionar que durante dous meses non volvemos a vernos no cole. Pero o vindeiro curso xa non imos ser os pequenos, haberá outros máis pequenos ca nós, iso é moi interesante, porque xa temos que ser moito máis responsables. Pero non hai ningún problema, nós podemos con todo.


ATA PRONTO AMIGOS. UN BICO MOI FORTE PARA TODOS DE PARTE DOS GOLFIÑOS. QUERÉMOSVOS.


lunes, 15 de junio de 2009

NA RECTA FINAL!

Estamos chegando ao final e rematan moitas cousas das que temos empezadas, entre outras o ciclo dos vermiños de seda: xa temos volvoretas!! Por certo, o vermiño que non fixo o casuliño tamén se convertiu en volvoreta, pero tivo un problema, non lle saíron ás. Pero iso si, atopou noivo/a como as outras, xuntouse e xa puxo oviños. Algunhas das volovoretas que puxeron oviños hai uns días, xa morreron, pero non estamos tristes, porque sabemos que na primavera dos oviños van nacer vermiños novos.

Por outra banda, e para rematar o proxecto do Sistema Solar pedímoslle axuda aos papás e mamás para construir unha nave espacial, e viñeron as mamás de Juan e Antía que nos fixeron unha nave preciosa que nós temos que pintar agora. Moitas grazas mamis.





O venres viñeron os maiores de 6º contarnos un conto sobre unha avoa extraterrestre que nos gustou moito. Xulgade vós.







E hoxe veu contarnos contos Xoán Babarro, o escritor do conto A tea de araña que todo o apaña, que tanto nos gustou e que traballamos na clase. Despois asinounos a cada un o noso libro.


E como de momento non temos máis novidades despedímonos. Ata pronto



jueves, 4 de junio de 2009

REMATANDO TRABALLOS

Ola de novo. Xa pensabades que nos olvidabamos de contarvos cousas verdade? Non, non é así, pero a profe non puido escribir e agora temos as novas todas xuntas. Por onde empezamos? Xa, polas Letras Galegas. Fixemos un mural escrito por nós explicando que as letras galegas este ano eran de Ramón Piñeiro, e logo contámosllo a todos os compañeiros do colexio; dounos un pouco de vergoña e falamos moi baixiño, paro o outro ano farémolo mellor.


Outra: os amorodos que cultivamos xa os comimos, de momento tivemos pouquiños porque a auga estropeou moitos, pero agora están voltando a florecer. Algún de nós non os quixemos, como Adrián que dixo que a el das "fresas con nata " só lle gustaba a nata. Démonos tanta presa en comelos que casi non nos dou tempo a sacarlles fotos .

A seguinte nova súper interesante é que os vermiños xa fixeron o casulo, mirámolos todos os días, pero aínda non saíu ningunha volvoreta. Esperemos que antes de rematar o curso poidamos ver algunha. Por certo, un dos vermiños quedou a medio camiño, pensamos que estaba morto e iamolo tirar, e comezou a remexer, pero non fixo o casuliño. Qué cousa máis rara!

Xa rematamos todos os traballos artísticos: o castelo, as viñetas do millo. Fixádevos que bonitos nos quedaron.

Pero quizáis o que máis nos gustou foi o planetario. Quedounos moi bonito, sobre todo cando o vemos coa luz apagada e brilla na oscuridade, e aprendimos moitísimas cousas do sistema solar.



Bueno, mañá seguiremos contando algo máis. Ata logo.

miércoles, 3 de junio de 2009

XA TEMOS AMORODOS!


Pois sí, xa chegaron os amorodos! Soupemos esperar e coidar das nosas prantas e... por fin chegou a recompensa!. Levamos unha sorpresa emorme, e do que máis temos gañas é de comelos!