martes, 20 de enero de 2009

Non tiñamos pensado hoxe publicar nada, pero foi un día especial: O patio do colexio quedou branco!, non era neve, pero fíxonos moita ilusión igual. Mirade que ben o pasamos.













































Un papá comentou unha vez que a foto dos golfiños case non se vía, tiña razón, entón aproveitamos hoxe que estabamos todos e voltamos a sacar unha foto de grupo.
















lunes, 19 de enero de 2009

Aquí está a que faltaba

















Escoitando ó bebé. Foi moi emocionante, tanto que algún de nós non se atreveu a arrimarse. Gustounos moito



















Aquí están os papás que viñeron axudarnos a montar a tenda. Graciñas pola vosa colaboración.





















Co Moucho Leroucho

















Plantando crocus.


Ola de novo, como no tiñamos unha foto na que nos viramos ben, aquí van uns exemplos. Primeiro dúas mostras de como preparamos a visita da xente de prtoección de aves.

jueves, 15 de enero de 2009

Aquí estamos de novo para contarvos algunha das nosas novas. En primeiro lugar respostar un comentario que a verdade aínda o vimos hoxe, non puido haber festival de Nadal por falta material de espacio, o próximo curso, cando xa teñamos o cole novo, non haberá este problema; de todos os xeitos xa sabedes que non hai ningún problema en vir á clase cando vos queirades e ver aos vosos fillos no ambiente escolar, só tedes que avisar antes, estaremos encantados de recibirvos.
Unha mensaxe de parte dos golfiños a todos os pais/nais: hoxe estivemos vendo o manexo da páxina web e deste blog, de momento eles non saben escribir pero queren contar o que fan nas clases, os seus desexos e sentimentos e o primeiro e máis importante: Que son todos moi guapos!
Aínda que levamos poucos días de clase xa tivemos bastantes emocións: primeiro a neve, que moitos de nós fomos a vela cos nosos pais, logo veu o Moucho Leroucho á clase, cousa que nos encanta . Gustounos moito tamén que viñeran dous papás a axudarnos a montar a tenda de madeira, porque a profe non era quen de facelo; dámoslles as grazas por virnos axudar.
A actividade que máis nos chamou a atención estes días foi a de plantar, primeiro decoramos as macetas pequeniñas de barro e despois plantamos crocus, de cores para ter flores agora no inverno.
E por agora nada máis, a semana que vén contarmos máis cousas. Biquiños.